InicioEconomíaUGT pide que a venda de Barreras prime o emprego na contorna:...

UGT pide que a venda de Barreras prime o emprego na contorna: “Débenllo”

Os sindicatos criticaron que os propietarios se situou en favor dunha alternativa que non asume a totalidade do persoal, e que tampouco garante carga de traballo adecuada á capacidade das instalacións nin investimentos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, pediu este xoves que, no proceso de venda do estaleiro vigués Barreras, se prime o mantemento do emprego e a creación de riqueza na contorna, e lembrou que os donos da empresa obtiveron grandes beneficios ao longo da súa historia.

En declaracións aos medios antes de participar nunha asemblea de delegados en Vigo, Pepe Álvarez sinalou que “non se trata só de que os propietarios do estaleiro teñan máis diñeiro, senón de facer iso compatible con que a actividade económica e a riqueza na contorna sexa a máis ampla”. “Creo que llo deben, os propietarios do estaleiro ao longo da historia tiveron réditos moi importantes. Non sería razoable que optasen pola opción que crea menos emprego e menos riqueza na contorna de Vigo”, aseverou.

Precisamente, nas últimas horas o comité de empresa de Barreras trasladou o seu malestar polo informe de alegacións presentado pola actual propiedade, Ritz Carlton, ao xulgado do Mercantil. No documento, elaborado por Kroll (a consultora encargada de xestionar o estaleiro e encamiñalo ao proceso concursal), os donos da empresa propoñen a Estaleiros Armón como mellor oferta para facerse coa unidade produtiva.

Os sindicatos criticaron que se situou en favor dunha alternativa que non asume a totalidade do persoal, e que tampouco garante carga de traballo adecuada á capacidade das instalacións nin investimentos.

PERTES

Por outra banda, Pepe Álvarez sinalou que o sector naval debe buscar o seu “encaixe” nun Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE), ou mesmo “nalgún plan da Xunta” para garantir o seu futuro industrial. “Hai suficientes recursos”, sinalou, á vez que matizou que as iniciativas deben estar orientadas en dúas direccións: a da produción eficiente e sustentable energéticamente, e a da transformación dixital.

Na mesma liña, referiuse ao PERTE do Vehículo Eléctrico e Conectado, que busca facer de España “un país de referencia” neste ámbito da mobilidade. Segundo sinalou, ademais dos grandes construtores, hai recursos “para que se poidan enganchar pequenas e medianas empresas neste ou noutros PERTE e proxectos industriais”.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...