InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero conversa co Goberno para lograr a liña de moi alta...

Abel Caballero conversa co Goberno para lograr a liña de moi alta tensión de Stellantis

O rexedor amosa o seu apoio "total e absoluto" á proposta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrou este xoves o seu apoio “total e absoluto” á liña de moi alta tensión que solicita a factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis, sinalando que é “fundamental e imprescindible” para a cidade, a pesar de que o Goberno a deixou fóra da planificación de Rede Eléctrica 2021-2026.

Así o sinalou Caballero en rolda de prensa tras ser preguntado polas accións que realizará o goberno local a partir de agora, indicando que el sempre transmitiu ao Executivo nacional, tanto na época da presidencia de Mariano Rajoy como agora con Pedro Sánchez, a necesidade desa infraestrutura eléctrica.

Segundo el, continúa falando “de forma permanente” co Goberno e volveu a cargar contra o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurando que el só lle pediu esta liña de moi alta tensión ao Executivo de Sánchez e non cando o PP gobernaba en España. Cabe lembrar que xa en febreiro de 2019 o rexedor avanzou a posibilidade de que Stellantis contase con esta liña de moi alta tensión “nuns meses”. Así o dixo tras reunirse co director da fábrica (que por aquel entón pertencía á antiga PSA), Ignacio Bo.

Con todo, dous anos despois, en abril de 2021, Caballero asegurou que Stellantis non lle transmitiu “ningunha demanda” sobre a necesidade de dispor de liña de moi alta tensión, cando foi preguntado se tratara ese tema coa secretaria de Estado de Enerxía, Sara Aagesen. “PSA non comunicou esa reclamación, dígoo por quinta vez”, asegurou categórico, a pesar de ser unha demanda de hai anos da factoría.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...