InicioVigo e contornaVigoVisita do presidente de Portos do Estado a Vigo coa conectividade ferroviaria...

Visita do presidente de Portos do Estado a Vigo coa conectividade ferroviaria sobre a mesa

A visita realízase un día despois de que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, marcase as "liñas vermellas" para as obras no porto olívico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente de Portos do Estado, Álvaro Rodríguez Dapena, visitou este mércores o Porto de Vigo, onde foi recibido polo máximo responsable da rada viguesa, Jesús Vázquez Almuiña, xunto co seu equipo directivo.

Tal como informaron nun comunicado conxunto, a conectividade ferroviaria, a escaseza de espazo, a aposta pola innovación, as enerxías renovables e os proxectos de interacción Porto-Cidade, foron algúns dos asuntos que se puxeron sobre a mesa, nunha visita na que se analizou a situación do Porto e déronse a coñecer os seus proxectos de economía azul sustentable.

Vázquez Almuiña aproveitou a visita institucional do seu homólogo en Portos do Estado para felicitarlle polo seu nomeamento á fronte do organismo estatal e para informarlle sobre o Plan de Investimentos do Porto de Vigo, que contempla diversas actuacións para o próximos cinco anos por un valor de 149 millóns de euros.

Así mesmo, o presidente do Porto de Vigo fixo fincapé na importancia de apostar pola conectividade ferroviaria e, neste sentido, trasladou ao máximo responsable de Portos do Estado a necesidade de conectar a Terminal Ro-Ro de Bouzas vía ferrocarril e de crear un apartadero ferroviario na Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN).

“O presidente de Portos do Estado reiterou o firme compromiso e apoio do organismo que preside para conseguir que todo o sistema portuario de interese xeral consiga as conexións necesarias coa rede xeral de transportes e coas zonas de actividades loxísticas que lles dan servizo”, subliñou Portos do Estado.

Por outra banda, Vázquez Almuiña incidiu na escaseza de espazo portuario e insistiu na posibilidade de recuperar parte dos terreos cedidos a ADIF na zona do Areal, a reorganización da Terminal de Colectores e a adquisición da parte privada que ocupa na actualidade Estaleiros San Enrique, como posibles solucións para paliar este déficit de espazo.

Todo iso xusto un día despois de que o alcalde, Abel Caballero, mantivese unha reunión con Rodríguez, onde trasladou as súas “grandes liñas vermellas” respecto ao porto olívico. Unha delas é o seu rexeitamento á construción dunha liña ferroviaria desde Bouzas porque considera que “rompería” a cidade.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Deteñen un home en Vigo por causar lesións a outra persoa durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un...