InicioVigo e contornaVigoDetido un veciño de Vigo de 41 anos por violencia de xénero

Detido un veciño de Vigo de 41 anos por violencia de xénero

A Policía procedeu á detención tras apreciar as feridas da súa parella.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.G.B., de 41 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir supostamente á súa parella no transcurso dunha discusión. Os feitos ocorreron na tarde-noite do pasado domingo, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a un domicilio do Camiño Sabaxáns, onde se estaba producindo unha discusión entre unha parella, e onde podían escoitarse ruídos de obxectos tirados e a voz dunha muller pedíndolle a un home que non a tocase.

Unha patrulla desprazouse ao lugar e observou á parella na porta do domicilio, discutindo acaloradamente. A muller, que estaba chorando moi alterada, manifestou aos axentes que mantiña unha relación co home desde facía dous anos e que discutiran por motivos económicos. Segundo relatou, o home insultáraa, para despois empurrala e golpeala, e os policías puideron observar que presentaba marcas no pescozo. Ademais, tiña hematomas nunha das súas pernas, tal e como explicou, por unha agresión anterior.

O sospeitoso recoñeceu que mantivera unha discusión con ela aínda que negou tela agredido. Con todo, foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero. Por outra banda, a Policía Local informou tamén da detención doutro home, F.C.G., de 36 anos de idade e natural de Ferrol. O home foi identificado por unha patrulla no Camiño Caramuxo e, ao cotejar os seus datos, os axentes comprobaron que sobre el pesaban dúas ordes xudiciais de procura, detención e ingreso en prisión, ditadas por senllos xulgados de Ferrol.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...