InicioEconomíaA Xunta ofrece apoio ás empresas afectadas polo incendio en Mos

A Xunta ofrece apoio ás empresas afectadas polo incendio en Mos

Francisco Conde prometeu "implicación" das administracións para axilizar os trámites administrativos e axudas para as empresas que necesiten financiamento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, trasladou este martes “todo o apoio” da Xunta ás empresas afectadas por un incendio que, o pasado domingo, calcinou varias naves nun polígono de Mos.

Conde visitou a zona afectada, xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; e a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, e confirmou a creación dun grupo de traballo con presenza de Xunta, Concello e a Asociación de Empresarios de Mos para avanzar na reconstrución das instalacións e en medidas que permitan renovar a actividade das seis empresas afectadas, que dan emprego directo e indirecto a unhas 200 persoas.

O primeiro paso dese grupo de traballo será a avaliación técnica e económica dos danos, e tamén valorar posibles localizacións provisionais para que poidan renovar o seu traballo. Trátase de firmas de sectores como a loxística, o téxtil, comercio ou transporte.

Conde prometeu “implicación” das administracións para axilizar os trámites administrativos, tanto na Xunta como no Concello, e axudas para as empresas que necesiten financiamento, cunha bonificación dos intereses, ou para apoiar os investimentos que necesiten.

O conselleiro, que agradeceu a rápida actuación dos equipos de extinción neste sinistro, lamentou que o incendio complica aínda máis a difícil situación pola que atravesan as empresas, xa afectadas pola crise enerxética e de subministracións.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...