InicioSucesosO 112 Galicia rexistra dous accidentes sen feridos en Mondariz e O...

O 112 Galicia rexistra dous accidentes sen feridos en Mondariz e O Porriño cuxos implicados marcharon do lugar

PUBLICADO O

- Advertisement -

O 112 Galicia rexistrou dous accidentes de tráfico nos que deberon actuar as forzas da orde para localizar aos implicados, ausentes no lugar dos feitos, nos municipios pontevedreses de Mondariz, sobre as 7,00 horas deste mércores, e no Porriño, ás 20,00 horas do martes.

Segundo informou o 112 Galicia, en ambos os casos, atopáronse os vehículos accidentados, pero sen rastro das persoas implicadas. No caso de Mondariz, un viandante atopou o coche danado cos catro intermitentes postos, pero ninguén no interior nin na contorna.

Con todo, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos equipos de intervención co fin de localizar a posibles feridos que puidesen estar a necesitar atención médica ou medios de rescate.

Así, activouse un operativo composto por profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, membros do GES-SPEIS de Ponteareas, voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade de Oitavén-Tea e axentes da Garda Civil. Tras buscar polas proximidades, comprobaron que as persoas implicadas no accidente desapareceran do lugar dos feitos, polo que os axentes de seguridade iniciaron a investigación pertinente para dar co titular do vehículo.

Finalmente, pescudaron que os implicados eran dous mozos que tiveron o accidente sobre as 21,00 horas deste martes. Este vehículo foi localizado pola persoa particular que alertou a través do 112 Galicia nunha zona de monte situada na estrada de Ponteareas á Cañiza.

Por outra banda, no Porriño ás 20,00 horas deste martes un coche chocou contra o muro dunha casa na Rúa Ribeira. Tras o impacto, os ocupantes saíron polos seus propios medios do vehículo e abandonaron o lugar.

O 112 Galicia recibiu a información mediante o aviso dos voluntarios de Protección Civil da localidade e do mesmo dono da vivenda afectada.

Tamén neste caso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a intervención de profesionais sanitarios, Bombeiros de Baixo Miño e axentes da Policía Local, que pouco despois identificaron aos implicados.

ÚLTIMAS

Ferido tras romper un parrulo o parabrisas do seu coche en Vigo

Un condutor resultou ferido tras impactar unha ave contra o parabrisas do seu vehículo,...

Un helicóptero rescata un escalador ferido grave tras caer uns 12 metros no monte do Galiñeiro

Un escalador resultou ferido de gravidade este domingo tras sufrir unha caída duns 12...

Vigo confirma a súa candidatura para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este sábado que a cidade foi ratificada...

Reabre un carril da AP-9 en Mos tras o envorco dun camión con 32.000 litros de gasóleo

O carril esquerdo da AP-9 á altura do punto quilométrico 164, no termo municipal...