InicioSucesosDetención dunha muller por agresión a axentes de Policía Local durante a...

Detención dunha muller por agresión a axentes de Policía Local durante a intervención nunha casa ‘okupada’ en Vigo

Os feitos tiveron lugar sobre as 21,00 horas deste luns, cando o 092 recibiu un aviso por unha discusión na vía pública, entre unha muller e un home que levaba unha serra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha muller de 30 anos de idade, M.B.G., como presunta autora dun delito de desobediencia e atentado contra a autoridade, por agredir a uns axentes durante unha intervención nunha casa ‘okupada’.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar sobre as 21,00 horas deste luns, cando o 092 recibiu un aviso por unha discusión na vía pública, entre unha muller e un home que levaba unha serra.

Unha dotación desprazouse rapidamente á zona e atopáronse ao home, que levaba unha serra na man, e que explicou que estaba tentando entrar nunha casa ‘okupada’, onde estaba a residir e onde tiña as súas pertenzas.

Ao chegar ao inmoble viron unha cadea e un peche, instalados pola muller coa que discutía e que lle estaba impedindo acceder á casa.

Os policías verificaron que o home residía no inmoble e informaron á muller dos pasos que debía seguir para expulsalo, pero advertíndoa de que, nese momento, tiña que permitirlle o acceso.

A aludida reaccionou de forma agresiva, tanto co home ‘okupa’ como cos propios axentes, aos que chegou a empuxalos e darlles patadas. Así mesmo, tentou morder a un dos funcionarios e darlle cabezadas, polo que foi detida por desobediencia e atentado.

DETIDO CON REQUISITORIA XUDICIAL

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén informou do arresto dun home, M.B.L., de 45 anos e natural de Santiago de Compostela, sobre o que pesaba unha orde xudicial de procura e detención.

Os feitos ocorreron o pasado domingo, cando unha dotación se desprazou á rúa Poboadores, alertada da presenza dun home en actitude sospeitosa, no interior dun vehículo. O lugar é unha zona de acceso exclusivo para residentes, e as testemuñas afirmaron que o home acudira a comprar e consumir drogas.

Cando os policías chegaron e identificárono, comprobaron que tiña en vigor unha orde de procura emitida por un xulgado do Penal de Vigo, polo que foi detido e posto a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

A muller ferida no incendio baixo investigación do pasado venres continúa en estado grave

A Policía Nacional de Vigo continúa investigando, “con todas as liñas abertas”, o incendio...

Intervidos máis de 1.000 perfumes nun almacén de Mos por unha suposta infracción de contrabando

Axentes da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra...

Detido en Vigo por roubar na casa dunha veciña hospitalizada que lle deixara as chaves

A Policía Nacional detivo un home por entrar na vivenda da súa veciña e...

Cae por un desnivel duns dous metros no centro de Vigo

Unha persoa resultou ferida na mañá deste luns tras caer por un desnivel duns...