InicioVigo e contornaVigoStellantis retomará parte da actividade suspensa o vindeiro martes

Stellantis retomará parte da actividade suspensa o vindeiro martes

O sistema 2 de produción seguirá detido até, polo menos, finais de mes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta do grupo Stellantis en Vigo informou de que renovará parte da súa actividade –o sistema 1– este próximo martes 22 de marzo, cando arrincará a liña con todas as quendas. A partir do mércores 23, sinalaron, fabricarase un mix do Peugeot 2008 eléctrico e dos C-Elysée e Peugeot 301; un escenario que xa anticiparan en días anteriores.

Utilizarán unha cadencia en montaxe de 27,5 vh/h, programando dúas quendas por xornada. A Xerarquía comunicará aos equipos o esquema de quendas, “que se irá confirmando a medida que avancen as xornadas e en función da dispoñibilidade de compoñentes”, sinalan. Con respecto ao sistema 2 de produción, o que monta as furgonetas e os monovolúmenes, anulouse xa a previsión de volver o luns e fixouse como data de reinicio o martes 29 de marzo na quenda de mañá; previsión que confirman.

Fontes da factoría explicaron a Europa Press que estas medidas responden á crise de subministracións que fai máis dun ano afecta o sector e desvinculáronas do paro convocado por transportistas. De feito, lembraron que a fábrica xa estaba parada por falta de compoñentes cando se iniciou este paro.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...