InicioVigo e contornaVigoCaballero acepta que o chan para o IES de Navia non pase...

Caballero acepta que o chan para o IES de Navia non pase polo Concello se é legal

A parcela onde se prevé construír o IES pertence á Xunta, pero non pode edificarse ningunha dotación nin vivenda ata que estea aprobado o proxecto de urbanización.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este venres que estaría disposto a aceptar a proposta da Consellería de Educación para que a parcela onde a Xunta anunciou un instituto en Navia non pase a titularidade municipal e sexa cedida directamente polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (actual propietario) ao departamento que dirixe Román Rodríguez, a condición de que sexa “legalmente posible” e haxa un compromiso reflectido nun convenio para executar a obra desa dotación educativa.

Así o manifestou, a preguntas dos medios, nunha rolda de prensa na que volveu a insistir en que o goberno galego “non quere” contruir ese instituto. Segundo o alcalde, se a parcela xa é da Xunta pode construír xa o centro e, “se necesita algún trámite urbanístico” do Concello, pode pedilo e será realizado de inmediato.

Fontes da Xunta confirmaron que o proxecto de urbanización dese polígono, onde está a parcela para construír o IES, foi remitido ao Concello en maio do ano pasado. De feito, o Concello xa respondeu facendo varios requirimentos para modificalo.

A parcela onde se prevé construír o IES pertence á Xunta, pero non pode edificarse ningunha dotación nin vivenda ata que estea aprobado o proxecto de urbanización, un trámite que pasa necesariamente polo Concello. Segundo o procedemento ordinario, cando se aprobe ese proxecto, a parcela pasaría a titularidade municipal e o Concello debería cedela a continuación á Consellería de Educación.

Para axilizar eses trámites, a Xunta propuxo esta semana que o Concello renuncie a esa titularidade temporal e que haxa unha cesión directa do IGVS a Educación. Este procedemento estaría condicionado a que o Concello axilizase a aprobación do proxecto de urbanización, porque Educación xa dispón do proxecto técnico para o IES.

Esta oferta foi trasladada ao Concello hai unha semana, a través dunha carta da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias. Con todo, o alcalde asegurou que non recibiu “ningunha petición” da administración autonómica relacionada coa construción do IES en Navia.

Ao ser preguntado polos xornalistas acerca desa comunicación da semana pasada, Abel Caballero matizou que non recibiu ningunha notificación do conselleiro. “A min tenmo que enviar o conselleiro, se queren falar comigo ten que ser o conselleiro o que se comprometa”, engadiu.

ÚLTIMAS

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

Belén Aguilera chega a Vigo antes das eleccións do 29N: “Como artista e como muller, dáme medo o que poida pasar, pero non vou...

Hai artistas para os que cada disco representa un cambio de pel, unha necesidade...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...