InicioSucesosEvacuado a Vigo un tripulante dun barco por unha posible afección cardíaca

Evacuado a Vigo un tripulante dun barco por unha posible afección cardíaca

A embarcación atopábase a unha hora e media das costas viguesas, polo que foi necesaria a mobilización dun equipo do Servizo de Gardacostas de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A posible afección cardíaca do tripulante dun barco activou na madrugada deste xoves un operativo de rescate no mar, preto de Vigo, informou o 112 Galicia. A embarcación atopábase a unha hora e media das costas de Vigo, polo que foi necesaria a mobilización dun equipo do Servizo de Gardacostas de Galicia.

O aviso sobre este operativo activouse no 112 Galicia pouco antes das 1,00 horas deste xoves despois de recibir a información por parte do equipo interveniente e tamén de Salvamento Marítimo en Fisterra. Co fin de ter preparada a asistencia médica do enfermo, os xestores do 112 comunicaron a evacuación aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que organizaron a recepción do afectado no Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...