InicioEconomíaAdxudicado o proxecto para melloras na N-120 entre o núcleo urbano de...

Adxudicado o proxecto para melloras na N-120 entre o núcleo urbano de Ponteareas e O Confurco

As obras están incluídas no programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado, no que se investiron máis de 40 millóns na provincia de Pontevedra desde xuño de 2018.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) aprobou provisionalmente o proxecto de construción de glorietas e tratamento de marxes da N-120, entre os puntos quilométricos 644+900 e 649+950, ao seu paso polo termo municipal de Ponteareas.

O orzamento estimado desta actuación é de 3,3 millóns d euros e a finalidade é mellorar a seguridade viaria no tramo comprendido entre o núcleo urbano de Ponteareas e a intersección de O Confurco, en total uns 5 quilómetros.

Así, acondicionaranse interseccións mediante a construción de glorietas; reordenaranse os accesos; executarase unha senda peonil anexa á estrada; e adecuaranse sinalización, balizamento e defensas.

As obras están incluídas no programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado, no que se investiron máis de 40 millóns na provincia de Pontevedra desde xuño de 2018.

ÚLTIMAS

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...

Detida en Vigo unha moza tras tentar atracar un bar cun coitelo e ferir a dous clientes

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha muller de 23 anos de...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...