InicioEconomíaBoa parte da frota pesqueira de Vigo decide parar polo aumento do...

Boa parte da frota pesqueira de Vigo decide parar polo aumento do prezo do gasóleo

Empresas armadoras solicitan unha activación de axudas "urxente" para salvagardar a actividade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un segmento “importante” da frota pesqueira de Vigo e a súa área de influencia viuse abocada a paralizar a súa actividade e permanecer en porto debido ao incremento “incesante” do prezo do gasóleo, segundo informou a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI).

Este mércores, as empresas armadoras adscritas a ARVI, así como ás organizacións de produtores radicadas no Porto de Vigo, OPNAPA 88, OPP 3 e OPP 4, mantiveron unha reunión conxunta co fin de analizar todas as problemáticas que se están derivando do “desmesurado” incremento do prezo do gasóleo, que está a afectar de forma “significativa” aos gastos de explotación das súas embarcacións pesqueiras.

En dito encontro, identificouse a necesidade “imperiosa e urxente” de que se proceda á activación das axudas “minimis”, que agora mesmo se achan en vigor ata o 31 de decembro, no marco do Regulamento que incrementou o seu límite por circunstancias derivadas da Covid-19, para salvagardar a actividade pesqueira dos buques, as tripulacións e as empresas. Tamén se estudarán outros potenciais apoios que poidan activarse, “tendo en conta que os de ‘minimis’ non serán suficientes”.

Por todo iso, algunhas empresas e subsectores, como a frota de cerco de Vigo, sinalaron que á vista do actual prezo que alcanzou o gasóleo, e ata que non se arbitren as axudas antes sinaladas e outras que puidesen ofrecerse, non poderán seguir desenvolvendo a súa actividade pesqueira.

No caso dos buques que agora se atopen exercéndoa, non poderán renovala unha vez regresen a porto. “De aí a importancia de activalas con carácter urxente, tal e como o fixo o Goberno francés”, reivindicaron desde ARVI.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Salvar a Ría de Vigo e recuperar a saude pública

Dende esta primaveira un grupo crecente de persoas e asociacións da cidade de Vigo...

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Un veciño de Vigo recibirá máis de 12.000 euros tras caer nunha escaleira mollada sen sinalización

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...