InicioSociedadeO BNG alerta de que se mantén a "ameaza" do parque eólico...

O BNG alerta de que se mantén a “ameaza” do parque eólico en Redondela

A formación nacionalista acusa a Xunta de "manipular a veciñanza ao afirmar que a empresa desistira" e chama a estar "alerta" ante os próximos movementos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“A proposta de construción do parque eólico en Reboreda continúa en fime e sen cambios”, indica o BNG un mes despois do anuncio da Xunta e da intención da empresa enerxética de renunciar ao proxecto. Segundo a formación nacionalista, chégase a esta conclusión tras “comprobar en reiteradas ocasións que na páxina do Plan Eólico de Galiza, se mantén a proposta de construcción dun parque de dez areoxeradores entre os montes de Pazos de Borbén e Redondela”.

Así, o BNG acusa o PP e a Xunta de Galicia de “poñer á venda o monte de Reboreda” para beneficio das industrias enerxéticas”. Alertan, igualmente, da necesidade de manter o interese e a expectación, posto que “en calquera momento poderían sacar a exposición pública un expediente, do que unicamente outorgarán quince días para a presentación de alegacións”.

En concreto, a concelleira nacionalista Jésica García afirmou que a Xunta “tentou manipular a veciñanza, ao afirmar que a empresa desistira”. Tal como expuxo na
moción que defendeu no Pleno, a favor dun novo modelo enerxético, “existía outro proxecto que afectaba a montes de Ventosela, Soutomaior e Pazos de Borbén, que foi do
que se desistíu. A realidade é que a proposta que leva consigo dous muíños de perto de
douscentos metros en Reboreda, segue adiante”, conclúe.

A concelleira do BNG expuxo, ademais, que “non só se mantén en trámites previos o Proxecto de Reboreda, senón que potencialmente o propio monte Penide, segundo os plans da Xunta, sería susceptible de instalación dun parque de muíños de vento no futuro”. Por iso, considera “imprescindible” que a veciñanza se manteña “alerta”. “Os colectivos organizados deben retomar a súa folla de ruta para impedir que se constrúa este parque”, remata.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...