InicioMedio Ambiente e PatrimonioPatrimonio autoriza trasladar o hórreo da praia de Samil para recuperar o...

Patrimonio autoriza trasladar o hórreo da praia de Samil para recuperar o sistema dunar

O equipo de expertos indica que este elemento está "descontextualizado" nun espazo "alleo" a el con función decorativa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural deu o visto e prace ao proxecto de recuperación do sistema dunar da praia de Samil, promovido polo Concello de Vigo, tras constatar que o trasladado do hórreo para o que se solicitou autorización “non modifica” as súas condicións.

“Á vista da documentación achegada, os servizos técnicos de Patrimonio da provincia non atopan desde o punto de vista da protección impedimento ningún ao traslado do hórreo, situado na actualidade entre a estrada e o paseo da praia de Samil”, indicou a Xunta nun comunicado.

No seu informe, os expertos indican que está “descontextualizado” nun espazo no que se recoñece como un elemento “alleo ao lugar” con función decorativa, e que na actuación definida no proxecto de recuperación do sistema dunar non se altera dita situación.

Por todo iso, tras o estudo do expediente, Patrimonio acordou informar favorablemente a intervención municipal, aínda que a condicionan ao mantemento dos elementos de cuberta e a súa reconstrución “inmediata” tras a preparación do seu novo emprazamento, a uns 26 metros do espazo actual.

Tamén apuntaron que as pezas deberán ensamblarse seguindo o método tradicional, preferiblemente en seco, e que todo o procedemento deberá quedar recolleito nunha memoria final. Ademais, advertiu de que no caso de que sexa necesaria a substitución de elementos da estrutura, deberá remitirse un proxecto modificado a Patrimonio e requiriría unha nova autorización.

A tramitación desta autorización foi motivo de críticas do alcalde, Abel Caballero, cara á Xunta, que lamentou en rolda de prensa hai unhas semanas os “obstáculos” que, ao seu xuízo, o Goberno galego puña á cidade. Con todo, o Executivo autonómico deu o visto e prace ao traslado.

ÚLTIMAS

Investigado un veciño de Vigo por malos tratos animais tras localizar a un cabalo con varias feridas

O Equipo de Seprona da Garda Civil de Pontevedra investiga a un home, veciño...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

Juan Magán, Taburete, Marlena e Álvaro de Luna únense ao Galicia Fest e reforzan o cartel musical do verán en Vigo

Juan Magán, Álvaro de Luna, Taburete e Marlena son as novas incorporacións confirmadas ao...