InicioMedio Ambiente e PatrimonioBestas, GPS e drons para loitar contra os incendios

Bestas, GPS e drons para loitar contra os incendios

Un proxecto innovador liderado pola Asociación A Rapa das Bestas, que inclúe seguemento con GPS e drones, potenciará o sistema tradicional de cabalos bravos en Sabucedo buscando mellorar a xestión forestal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo, a Universidade da Coruña, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e a empresa 3EDATA desenvolverán, nos próximos dous anos, un proxecto innovador para mellorar a xestión dos cabalos bravos do monte.

O proxecto vertébrase en accións de carácter tecnolóxico e de divulgación. As primeiras buscan facilitar o manexo, minimizar problemas e adquirir coñecemento práctico sobre o uso dos cabalos como ferramenta de xestión forestal. As segundas está orientadas a mellorar a visión que a sociedade ten desta actividade. Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O proxecto xurdiu cando no pasado xuño, a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo constituíu un grupo operativo de innovación contando cunha axuda da Xunta para a “creación de grupos operativos de innovación da Asociación Europea de Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola e forestal”.

O propósito era conformar un equipo de traballo destinado a identificar e analizar os diversos problemas aos que se enfronta a poboación de cabalos bravos nos montes de Galicia e o seu manexo tradicional.

Este grupo operativo aglutina unha serie de entidades públicas e privadas con interese na continuidade das poboacións de cabalos bravos no monte e do seu manexo tradicional. Están incluídas tres asociacións de besteiros (propietarios de bestas): Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada), que lidera o grupo; a Asociación de Gandeiros de Cabalos do Monte da Groba (Baiona); e o Monte de Carballo (Friol).

Por outra banda, inclúe organismos investigadores relacionados co cabalo: Universidade da Coruña, Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, do INGACAL, e Centro Tecnolóxico da Carne. Tamén inclúe entidades que desenvolven varias actividades de promoción e asesoramento a produtores de equino (Puraga), entidades relacionadas coa conservación da natureza (Asociación Galega de Custodia do Territorio), e entidades con experiencia na vertente cultural e antropolóxica destes cabalos e os curros (Instituto de Estudos Miñoráns). Completa o grupo 3EDATA, unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela.

No proxecto empregaranse solucións innovadoras no manexo dos animais e a súa contorna como a marcaxe dos cabalos con GPS, o uso de drons para a localización dos animais nas zonas máis remotas e inaccesibles e peches que eviten accidentes de tráfico, ademais doutras medidas para a posta en valor dos cabalos bravos.

Entre os obxectivos están evitar os conflitos entre besteiros e propietarios forestais e diminuír o risco de lumes empregando os cabalos para a redución de biomasa. Os resultados repercutirán directamente sobre a poboación de cabalos de Sabucedo, pero serán de gran interese para besteiros de todas as zonas de Galicia en que se atopan estas poboacións de équidos. Estas novas medidas poderán ser exportadas a outras contornas, colaborando deste xeito no mantemento deste elemento singular galego, de gran valor ecolóxico e cultural.

ÚLTIMAS

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...