InicioSociedadeGalicia ofrece camas hospitalarias para a poboación ucraína no Hospital Álvaro Cunqueiro...

Galicia ofrece camas hospitalarias para a poboación ucraína no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Trátase dunha unidade de hospitalización, ampliable a sete unidades.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia manifestou a súa disposición a acoller á poboación ucraína con necesidade de atención sanitaria, para o que se puxo en contacto co Goberno central.

Segundo informaron a Europa Press fontes da consellería, Galicia ofreceu camas hospitalarias, concretamente, unha unidade de hospitalización no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, unha das infraestruturas hospitalarias máis grandes de Galicia e de recente construción Ademais, as mesmas fontes precisaron que, de ser necesario, ampliaríase a unha unidade máis, en cada área sanitaria, ata as sete totais.

Vigo é precisamente a localidade que acolleu este sábado unha concentración da comunidade ucraína demandando o fin do ataque ruso. En Galicia residen preto de 800 cidadáns deste país, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

 

ÚLTIMAS

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

Belén Aguilera chega a Vigo antes das eleccións do 29N: “Como artista e como muller, dáme medo o que poida pasar, pero non vou...

Hai artistas para os que cada disco representa un cambio de pel, unha necesidade...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...