InicioEconomíaVigo recibe 11 millóns de fondos europeos para novos modelos de transporte

Vigo recibe 11 millóns de fondos europeos para novos modelos de transporte

As ramplas de Gran Vía, o ascensor Halo ou a Vía Verde son os principais proxectos que se levarán a cabo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana resolveu favorablemente os proxectos presentados polo Concello de Vigo, polo que a cidade recibirá case 11 millóns de euros para levar a cabo obras como as ramplas de Gran Vía, o ascensor Halo ou a Vía Verde.

Tal como informou o Concello, estes fondos enmárcanse dentro do programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e transformación dixital e sustentable do transporte urbano.

Así, o Ministerio valorou “con moi alta cualificación” os proxectos das ramplas de Gran Vía, o ascensor Halo e a Vía Verde. Por iso, o alcalde, Abel Caballero, puxo de manifesto o seu “agradecemento e recoñecemento” ao Goberno, “que xa transferiu 12,2 millóns de euros a Vigo”.

O rexedor lembrou que Vigo xa recibiu fondos europeos doutros ámbitos, como os 671.000 euros para a mellora e a modernización do mercado de Teis ou os case 370.000 euros para a mellora do eixo turístico Teis-Bouzas.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...