InicioSucesosPiden prisión e 8.100 euros de multa a unha muller por unha...

Piden prisión e 8.100 euros de multa a unha muller por unha falsa denuncia de agresión sexual

Acusou a súa ex parella de agredila sexualmente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 1 ano e 9 meses de prisión, e multa de 8.100 euros para unha muller que presentou unha denuncia falsa contra a súa exparella, ao que atribuíu unha agresión sexual que non se produciu, e que será xulgada este xoves na sala do Penal 2 de Vigo.

Segundo o escrito de acusación pública, o 9 de marzo de 2021 a acusada presentou denuncia contra a súa exparella, do que dixo que a obrigou a manter relacións sexuais con penetración en dúas ocasións, uns días antes nun hotel da cidade olívica.

A Fiscalía sostén que a muller presentou a denuncia sabendo que os feitos eran falsos, e que o fixo como “represalia” porque non aceptaba o fin da relación. Por estes feitos acúsaa dun delito de denuncia falsa e pide que sexa condenada a 1 ano e 9 meses de cárcere, e a pagar unha multa de 8.100 euros.

ÚLTIMAS

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

Esquerda Unida apoia declarar o aeroporto de Peinador como Lugar de Memoria Democrática

Esquerda Unida de Vigo mostrou o seu apoio á solicitude de Sumar para que...

Aparece con vida e a 400 metros da súa casa o home desaparecido o luns no Porriño

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do...

Multa de 2.000 euros a un matrimonio por educar ao seu fillo de nove anos en casa en Gondomar

O Xulgado do Penal número 1 de Vigo condenou a pagar 1.080 euros a...