InicioSucesosCaptados en Vigo tres condutores que triplicaban a taxa de alcol permitida...

Captados en Vigo tres condutores que triplicaban a taxa de alcol permitida e dous que circulaban tras consumir drogas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detectou a tres condutores que circulaban pola cidade triplicando a taxa de alcol permitida e a outros dous homes que manexaban o seu vehículo tras consumir drogas.

Tal como informou dito corpo de seguridade, foi o pasado sábado sobre as 01,20 horas cando un corpo da Policía Local ‘cazou’ durante un control de tráfico na avenida Alcalde Gregorio Espino a L.M.V.F., de Vigo e 43 anos de idade, que, tras ser sometido a un control de alcoholemia, arroxou unha taxa de 1,04 e 1,02 miligramos por litro de alcol por aire expirado, o que cuatriplica a taxa permitida e excede o límite penal establecido.

Por iso, instruíronse as dilixencias para o efecto para o seu traslado á autoridade xudicial competente. Horas máis tarde, sobre as 05,20 horas, na Avenida de Madrid outro condutor, K.R.P.L. de Cuba e 33 anos de idade, foi interceptado cunha taxa de alcol por aire expirado de 0,72 e 0,73 miligramos por litro. Tamén se instruíron as dilixencias oportunas ao superar o límite penal establecido.

Ese mesmo día, pero a escasos minutos das 17,00 horas da tarde, na estrada Matamá Balsa, un condutor, J.L.A.R. e 37 anos de idade, arroxou un resultado na proba de alcoholemia de 0,69 e 0,67, case triplicando o límite establecido e excedendo o límite penal.

POSITIVOS EN DROGA

Por outra banda, o venres, día 11 de febreiro, sobre as 12,05 horas na rúa Torrecedeira foi captado un condutor, A.J.R.B. de Vigo e 52 anos de idade, que arroxou un resultado positivo nun test de drogas en opiáceos e cocaína. Tamén o pasado mércores, día 16 de febreiro, sobre as 16,00 horas deuse o alto na rúa Venezuela a un condutor, D.P.F. de Vigo e 40 anos de idade, que arroxou un resultado positivo de en THC.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...