InicioCulturaUnha peza teatral achega o alzheimer aos máis cativos a través do...

Unha peza teatral achega o alzheimer aos máis cativos a través do punto de vista dunha nena de 10 anos

'A Illa da deslembranza', da compañía teatral Artiña, estréase esta fin de semana en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un traballo creado a base de metáforas e forza visual para achegar a toda a familia, tamén aos máis cativos, a enfermidade do alzheimer. É ‘A Illa da deslembranza’, a proposta teatral que a compa´ñía de teatro Artika estreará esta fin de semana en Vigo. O público poderá acudir a este espectáculo durante as dúas últimas fins de semana de febreiro no espazo situado na Rúa Beiramar 113.

A peza está dirixida por Manuel Mansilla e conta entre o reparto coas actrices Rocio Salgado Perez , Fernanda Barrio Barcala e Martín
Maez en escena.

O achegamento a esta enfermidade, indican dende a compañía afincada en Vigo, farase dun xeito fermoso e suxestivo. Unha obra dirixida principalmente a un público infantil pero que “axudará tamén a que os máis maiores se acheguen a esta enfermidade dende o punto de vista dunha nena”.

A peza teatral xira arredor dos recordos da avoa de Uxía, que van e veñen como as ondas do mar e o “seu ollar mesmo parece perderse nun océano profundo”. Será Uxía, unha nena de dez anos, quen lle axude a recuperar eses recordos ou, tal vez, “acabarán todos na illa da deslembranza”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...