InicioEconomíaFormoso reclama adxudicar Barreras a quen "máis conte cos traballadores"

Formoso reclama adxudicar Barreras a quen “máis conte cos traballadores”

O presidente do comité, Sergio Gálvez, reitera que sería "decepcionante" que o xulgado dese luz verde á adxudicación do estaleiro a unha empresa que non respecte o mantemento da totalidade do emprego na súa oferta. 

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamou este mércores que o proceso de adxudicación da unidade produtiva do estaleiro vigués Barreras prime o mantemento do maior número de traballadores.

Así o trasladou, en declaracións aos medios, tras manter un encontro con representantes de UGT, maioría no comité de empresa de Barreras, cos que dixo compartir a “inquietude” acerca de como se resolverá o proceso concursal e de adxudicación da unidade produtiva da empresa. Respecto diso, o líder dos socialistas galegos apuntou que “a lei permite que se valore por encima de todo a oferta que máis conta cos traballadores”, que son o “verdadeiro capital e valor” da empresa.

“Calquera nave, concesión, non son máis que ferro e papeis (…), hai que coidar claramente unha adxudicación que prime a permanencia da inmensa maioría do persoal do estaleiro”, reclamou, tras lembrar que o Ministerio de Industria está disposto a apoiar os investimentos en Barreras.

Pola súa banda, o presidente do comité, Sergio Gálvez, reiterou que sería “decepcionante” que o xulgado dese luz verde á adxudicación do estaleiro a unha empresa que non respecte o mantemento da totalidade do emprego na súa oferta. Nese sentido, Gálvez subliñou que os traballadores foron “os que máis loitaron” para que Barreras fose un estaleiro “vendible” e teña futuro na construción de barcos de primeiro nivel, e lembrou que o persoal fixo “un esforzo importante” coa firma dun ERTE, entre outras medidas.

Finalmente, recoñeceu que o contrato do Evrima (asinado con Ritz Carlton) e todas as vicisitudes que o rodearon, fixo un “dano reputacional” a Barreras e á construción naval, pero insistiu en que non foi un problema provocado polos traballadores.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...