InicioEconomíaAprobado o proxecto re reposición para viarios afectados polas obras de ampliación...

Aprobado o proxecto re reposición para viarios afectados polas obras de ampliación da AP-9

O proxecto contempla tamén a ampliación do paso superior de Trasmañó, a reposición e mellora de Camiño Mouriño, e outras actuacións de integración ambiental, estética e paisaxística, e é compatible coa actuación de disposición de pantallas antirruido neste tramo, "cuxo proxecto se está desenvolvendo paralelamente".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana anunciou este venres a aprobación do proxecto para repor os viarios da parroquia de Chapela, en Redondela, afectados as obras de ampliación da autoestrada AP-9.

Esta actuación, que conta cun investimento de 3,57 millóns de euros, está recollida na ‘addenda’ ao Convenio entre a Administración Xeral do Estado e a concesionaria Audasa, aprobada por Real Decreto 1359/2018, de 29 de outubro.

Entre as obras previstas están a adecuación e mellora dos camiños Penisal, Torreiro, Camiño da Igrexa e Pasán, mediante a reposición do firme, a disposición de beirarrúas, a creación de zonas axardinadas e senllas peonís.

Así mesmo, dotarase de continuidade ao Camiño da Igrexa ata a rúa Pasán, sendo necesario para iso ampliar a pasarela peonil de Chapela, que cruza a autoestrada AP-9; e proxéctase tamén a reordenación da sección transversal do paso superior sobre a autoestrada da rúa Pasán, para permitir a disposición dun itinerario peonil sobre o mesmo.

Por outra banda, adecuarase a contorna do IES Chapela, mediante a disposición dunha dársena para subida e baixada de estudantes que viaxan en vehículo privado, e que actualmente non dispoñen de espazo habilitado na avenida de Redondela para realizar esta operación.

O proxecto contempla tamén a ampliación do paso superior de Trasmañó, a reposición e mellora de Camiño Mouriño, e outras actuacións de integración ambiental, estética e paisaxística, e é compatible coa actuación de disposición de pantallas antirruído neste tramo, “cuxo proxecto se está desenvolvendo paralelamente”.

SATISFACCIÓN DA ALCALDESA

A alcaldesa de Redondela, a socialista Digna Rivas, expresou a súa satisfacción polo anuncio destas obras que, vén materializar “os compromisos que adquire o goberno de Pedro Sánchez”, e que “non quedan en palabras baleiras ou boas intencións, senón que se cumpren”.

“Dixemos que a reposición de viarias estaría solucionada no primeiro trimestre do 2022 eyahí estamos agora”, afirmou a rexedora, que puxo en valor o “incansable traballo e compromiso da Asociación de Veciños de Chapela e da Asociación de Afectados pola AP-9”.

ÚLTIMAS

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...

Vigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba ‘narcolanchas’ tras sucesivas suspensións

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará a partir do luns o...