InicioCulturaComezan na Guarda as Festas do Monte, Interese Turístico de Galicia

Comezan na Guarda as Festas do Monte, Interese Turístico de Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Guarda acolle desde hoxe luns 6 ao 15 de agosto as Festas do Monte, declaradas  Interese Turístico de Galicia, que contan un ano máis cunha ampla programación de actividades, destacando as noites de verbenas, as actividades deportivas e culturais, así coma o Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras, e o Domingo do Monte.

As Festas do Monte están organizadas pola Asociación Cultural e Deportiva O Cancelón e o Concello da Guarda, contando coa colaboración da Deputación de Pontevedra e dunha boa representación das Asociacións Culturais e Deportivas da Vila, participando activamente en diferentes actividades da programación.

Festas do Monte/ A Guarda

A vila da Guarda énchese de visitantes, atraídos pola ampla programación de actividades e as noites de música nas verbenas da Alameda da Guarda, que este ano contará coas actuacións das orquestras e grupos musicais Jonhy Maquinaria, California, Finisterre, Ritmo Noche, Tango, Garibaldi, Passarela, América, Europea, Azúcar, Cibeles, Los Gemas, Edgar Bao (La Voz Kids), Caramelo e Ámbar.

O Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras é un dos actos que congrega a unha maior cantidade de público e asistentes, participando no mesmo ao redor de 3000 persoas, entre grupos musicais, treboadas, particulares e as Bandas Mariñeiras.

Festas do Monte/ A Guarda

Pero o día principal é o Domingo do Monte, cando máis de 10.000 persoas se congregan no Monte de Santa Trega para participar nun xantar popular e realizar a xura con viño nas Bandas Mariñeiras, un espectáculo de lecer para a nosa vila, cheo do colorido das vestimentas propias de cada Banda Mariñeira, que ao son dos bombos, caixas, gaitas e pandeiretas, amenizan esta gran xornada, cada unha co seu característico son.

A xornada remata coa Desfeita na Baixada do Monte ata o Parque do Cancelón e posteriormente ata a Alameda e Rúa Galicia. No apartado deportivo destacan o Trofeo Festas do Monte de Hockey Liña, as Carreiras Pedestres ou a Marcha Cicloturista Popular.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...