InicioMedio Ambiente e PatrimonioO xornal británico The Times destaca a praia de Figueiras, nas Cíes,...

O xornal británico The Times destaca a praia de Figueiras, nas Cíes, entre os mellores areais de España

The Times destaca que esta praia está a poucos pasos doutro areal das illas, a praia de Rodas, bautizada por outro diario, The Guardian, como "a mellor do mundo" en 2007. "Pero en realidade nós preferimos esta", apostila o autor do texto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O diario británico The Times publicou esta semana un artigo no que nomea a praia de Figueiras, nas Illas Cíes, no cuarto posto dunha lista dos 19 mellores areais de España, e recomenda visitar o arquipélago en setembro ou outubro “cando as multitudes das vacacións diminuíron”.

Na publicación, The Times destaca que esta praia está a poucos pasos doutro areal das illas, a praia de Rodas, bautizada por outro diario, The Guardian, como “a mellor do mundo” en 2007. “Pero en realidade nós preferimos esta”, apostila o autor do texto.

De Figueiras o xornal destaca que se atopa nun arquipélago dentro do Parque Nacional Illas Atlánticas, que as Cíes están “rigorosamente protexidas e dunha beleza cegadora”, e que só dispoñen dun cámping como aloxamento.

Tamén resalta a contorna da praia, a brancura da area e a “auga azul caribeña”, e recomenda visitar as illas en setembro ou outubro, ao pasar as vacacións de verán. Así, recomenda tomar un barco da naviera Mar de Ons para chegar ao arquipélago e, unha vez en terra, seguir o camiño á dereita, coa indicación á praia de Figueiras.

ÚLTIMAS

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...

Vigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba ‘narcolanchas’ tras sucesivas suspensións

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará a partir do luns o...