InicioSucesosPetición de 11 anos de cadea para o vigués que abusou sexualmente...

Petición de 11 anos de cadea para o vigués que abusou sexualmente dunha nena con discapacidade

O escrito apunta que a nena "padece trastorno por déficit de atención e impulsividad tipo combinado, un atraso madurativo, alteración de conduta e trastorno de desenvolvimiento cun grao de discapacidade recoñecido do 48%".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro martes, día 8, a un veciño da cidade acusado de abusar sexualmente dunha nena de 14 anos cunha “evidente” discapacidade. Fiscalía pide para el l1 anos de prisión.

En concreto, segundo o escrito do ministerio público, os feitos remóntanse ao mes de setembro de 2017, cando o acusado, supostamente, coñeceu á menor nun parque próximo á estación de tren de Guixar e intercambiou con ela os números de teléfono móbil.

O escrito apunta que a nena “padece trastorno por déficit de atención e impulsividad tipo combinado, un atraso madurativo, alteración de conduta e trastorno de desenvolvimiento cun grao de discapacidade recoñecido do 48%”.

“Con pleno coñecemento de que a nena padecía un evidente atraso”, o home quedou con ela tempo despois nos trasteiros do domicilio da menor, onde abusou sexualmente dela.

O Fiscal considera ao home culpable dun delito de abuso sexual a menor de 16 anos e pide para el 11 anos de cárcere, así como 10 anos de liberdade vixiada unha vez concluída a pena de prisión. Tamén estende por unha década a petición de afastamento e comunicación coa vítima, para a que reclama unha indemnización de 9.000 euros.

AGRESIÓN SEXUAL

Pola súa banda, a sección segunda da Audiencia de Pontevedra xulgará tamén esta semana a un home acusado de agredir sexualmente a unha amiga. A vista está sinalada para o xoves.

En concreto, segundo o escrito fiscal, a vítima e o presunto agresor atopábanse no domicilio da muller na madrugada do 11 ao 12 de agosto de 2020. Tras estar vendo a televisión, a vítima quedou durmida e, ao espertarse, sorprendeu ao home agredíndoa sexualmente.

O Ministerio Público pide para o acusado cinco anos de prisión, así como a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima durante sete anos, unha vez cumprida a pena de cárcere. Tamén solicita para a muller unha indemnización de 6.000 euros.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...