InicioSucesosSanidade notifica catro novos falecidos con Covid na área sanitaria viguesa

Sanidade notifica catro novos falecidos con Covid na área sanitaria viguesa

Nas últimas horas a Consellería notificou 11 novos óbitos correspondentes a varios días.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de falecidos con Covid en Galicia elevouse nas últimas horas a 2.950, tras notificar Sanidade outros 11 decesos correspondentes a varios días, de persoas entre 72 e 95 anos, todas elas con patoloxías previas.

Segundo informaron este mércores fontes sanitarias, tres dos falecementos producíronse o pasado 29 de xaneiro: un home de 72 anos de idade que morreu na área sanitaria de Vigo; e outro home de 87 anos e unha muller de 91 anos, falecidos na área de Lugo, A Mariña e Monforte.

O 30 de xaneiro rexistráronse outros dous decesos: o dun home de 88 anos de idade, na área sanitaria de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras; e o doutro home, de 91 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.

Finalmente, na xornada do pasado luns rexistráronse outro seis falecementos: dúas mulleres de 95 e 93 anos de idade na área sanitaria de Santiago e A Barbanza; unha muller de 92 anos, e dous homes de 69 e 78 anos, todos na área sanitaria de Vigo; e unha muller de 89 anos que faleceu na área sanitaria de Lugo, a Mariña e Monforte.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...