InicioSociedadeBaixan case en 1000 os casos Covid activos en Vigo

Baixan case en 1000 os casos Covid activos en Vigo

Hai pouco máis de 16.000.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de persoas hospitalizadas con Covid en Galicia aumentaron levemente nas últimas horas, e son 44 os pacientes na UCI (3 máis) e 642 os que están en unidades convencionais (28 máis), aínda que o número total de casos activos descendeu a 62.867, e tamén se conteñen por baixo de 4.300 os novos contaxios detectados.

Segundo os datos publicados este luns pola Consellería de Sanidade, con información recollida ata as 18,00 horas deste domingo, hai 62.867 casos activos de Covid en Galicia (2.764 menos que hai un días), dos que 16.370 correspóndense coa área sanitaria de Vigo (804 menos).

Con respecto ás persoas hospitalizadas, nas últimas horas produciuse un lixeiro repunte, e o número de ingresados pasou de 658 a 686, dos que 44 son pacientes en UCI (3 máis que hai un día) e 642 son pacientes en planta (28 máis). Por áreas, na de Vigo hai 9 pacientes en UCI (un máis) mentres que os hospitalizados creceron de 82 a 90.

NOVOS CONTAXIOS

Segundo os datos publicados polo Sergas este luns, os novos contaxios de Covid en Galicia seguen contidos, e rexistráronse nas últimas horas 4.246 casos novos, o que supón 287 contaxios menos que os notificados o domingo. Por áreas, na Vigo hai confirmados 1.087 casos de Covid novos.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...