InicioEconomíaO Porto de Vigo pechou 2021 cun aumento do tráfico xeral dun...

O Porto de Vigo pechou 2021 cun aumento do tráfico xeral dun 7 % e con subidas nas principais mercadorías

A terminal viguesa foi unha das poucas en Europa que conseguiu crecer nos dous anos da pandemia de covid-19.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo pechou o ano 2021 cun incremento do 7,02 % no seu tráfico xeral e unha suba de case o 7 % no tráfico de mercadorías, segundo os datos presentados este venres polo presidente do organismo, Jesús Vázquez Almuíña, ao termo da reunión mensual do Consello de Administración da Autoridade Portuaria.

Segundo explicou Vázquez Almuíña, a terminal viguesa foi unha das poucas en Europa que conseguiu crecer nos dous anos da pandemia de Covid (2020 e 2021) e, de feito, o último exercicio foi “un do tres mellores na historia do Porto”.

Os datos do mes de decembro reflicten un aumento do tráfico xeral do 6,15 % e das mercadorías do 5,17 %, en comparación co mes anterior. Tendo en conta os datos acumulados, o crecemento en ambos os parámetros rolda o 7 por cento.

No caso das mercadorías, durante o mes de decembro houbo un incremento en cemento (+66,08 %), pesca conxelada (+19,94 %), froitas e hortalizas (+16,83 %) ou metais (+76,77 %). Por contra, descendeu o tráfico de automóbiles (-19,2 %), granito bruto (-26,5 %) ou pezas de automoción (-26,9 %).

Con todo, se se teñen en consideración os datos de tráficos acumulados e a comparación con 2020, practicamente todas as mercadorías arroxan un saldo positivo: automóbiles (+0,24 %), granito bruto (+19,88 %), cemento (+12,27 %), froitas e hortalizas (+16,55 %), ou pesca conxelada (+10,88 %).

Con respecto á pesca fresca, 2021 pechouse cun lixeiro descenso do 0,59 %, pero incrementouse nun 11,62 % o valor de venda da mercadoría en lonxa, co rape e o galo como especies máis destacadas.

En canto ao tráfico contenerizado, creceu un 7,36 % en 2021 (204.874 toneladas máis que en 2020) e marcou unha marca histórica de toneladas movidas, mentres que o tráfico convencional subiu un 5,7 %.

Finalmente, con respecto ao tráfico de pasaxeiros, en 2021 o porto de Vigo acolleu 23 escalas e 34.656 cruceristas (-267,7 %), tras renovarse esta actividade turísticas no mes de agosto. No caso do tráfico de ría, rexistráronse máis de 1,2 millóns de pasaxeiros, o que supón un crecemento do 41,23 % con respecto ao ano 2020.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...