InicioSociedadeGran baixada de casos na área de Vigo, case 1.400 nun día

Gran baixada de casos na área de Vigo, case 1.400 nun día

Baixan os contaxiados pero sobe a presión hospitalaria.

PUBLICADO O

Os novos contaxios de Covid-19 e os casos activos manteñen a tendencia descendente iniciada este pasado fin de semana en Galicia, con 4.337 positivos –un milleiro menos que o día anterior– e 71.376 infeccións –unhas 4.200 menos–, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 629 –37 máis–. Pola súa banda, a taxa de positividad cae lixeiramente a un 19,6 por cento no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do domingo, aínda que descenden a 47 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –unha menos–, aumentan a 582 as hospitalizadas noutras unidades –38 máis–, mentres que 70.747 permanecen en seguimento no seu domicilio. Con todo, son en conxunto 19 ingresados máis que hai unha semana, cando había 610.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete.Así, na de Vigo seguen oito en críticos e soben a 90 os hospitalizados noutras unidades –catro máis–.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

Por terceira xornada consecutiva os casos activos de Covid-19 seguen en descenso en Galicia e sitúanse nos 71.376, que supoñen 4.209 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (8.540) que contaxios (4.337), ao que se engaden varios falecementos. Hai unha semana, o luns 17 de xaneiro, había 72.573 infeccións activas.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en todas, coa de Vigo á cabeza (-1.370) que baixa aos 18.876 casos activos.

ÚLTIMAS

O TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion en Stellantis, Benteler e Lear

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) anulou o calendario laboral de 2023 do persoal...

Terremoto de magnitude 1,8 en Vilaboa

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou un terremoto de magnitude 1,8 con epicentro na localidade pontevedresa de...

O aeroporto de Peinador suspende a súa actividade este luns ara finais de mes

O aeroporto de Peinador, en Vigo, suspenderá a partir do próximo luns, día 6 de maio,...

Sindicato de Inquilinas Vigo urxe vivenda pública e regular prezos ante a “alarmante realidade” dos desafiuzamentos

O Sindicato de Inquilina Vigo-Baixo Miño urxiu este venres a regulación dos prezos de aluguer...