InicioSociedadeA Universidade de Vigo coordina o deseño dunha aplicación para identificar mentiras...

A Universidade de Vigo coordina o deseño dunha aplicación para identificar mentiras en debates políticos

O propósito é sumar aos actuais procesos manuais de verificación unha aplicación dixital que automatice parte deste proceso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) coordina o deseño dunha aplicación web que permita automatizar o proceso de detección de informacións falsas para pescudar se as afirmacións realizadas polos políticos participantes nun debate electoral son certas ou non.

Este é o principal obxectivo do proxecto DEBATrue, que coordinan os investigadores do grupo CP2 da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Xosé Rúas e Ana Belén Fernández Souto.

Son 20 os investigadores de diferentes ámbitos que integran o equipo de traballo dunha iniciativa dirixida a contribuír “á loita contra a desinformación” a través da identificación de “datos falsos que poidan desvirtuar a calidade democrática e alterar o normal desenvolvemento do proceso electoral”.

O propósito é sumar aos actuais procesos manuais de verificación unha aplicación dixital que automatice parte deste proceso, contribuíndo a que se acelere a comprobación e a verificación da información, segundo explican os seus responsables.

“Estamos nun contexto de desconfianza e o que pretendemos é traballar sobre a economía da confianza a través dunha ferramenta acreditada”, indicou Rúas.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...