InicioSociedadePeinador realiza un simulacro de accidente aéreo durante unha aterraxe para avaliar...

Peinador realiza un simulacro de accidente aéreo durante unha aterraxe para avaliar procedementos de actuación

Segundo Aena, todos os seus aeroportos dispoñen dun plan de emerxencias destinado a minimizar as consecuencias dun accidente aéreo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Aeroporto de Vigo realizou este venres un simulacro xeral de accidente aéreo co obxectivo de avaliar os procedementos de actuación e coordinación establecidos no seu Plan de Autoprotección, ademais de comprobar o grao de coñecemento e integración dos diferentes colectivos implicados na atención dunha emerxencia aeroportuaria e os seus tempos de reacción e resposta.

Segundo indicou Aena nun comunicado, o exercicio desenvolvido en Peinador simulou un accidente dun avión Bombardier CRJ-200 ER que, por motivos descoñecidos, saíse da pista durante unha aterraxe. O avión, ao impactar co terreo, sofre a rotura do tren de morro e do principal e despréndese a parte traseira da fuselaxe, provocando o derrame do combustible e un incendio no exterior da aeronave. Por iso, a torre de control do aeroporto iniciaría a activación da alarma notificándollo ao Servizo de Salvamento e Extinción de Incendios, ao Centro de Coordinación e á Central Eléctrica do Aeroporto de Vigo.

Desta maneira, actívase o plan de autoprotección por accidente e avísase ao resto dos medios internos e externos que interveñen neste tipo de incidentes. Dado o tipo de emerxencia cóntase con medios da Xunta, que activa o Platerga nivel II.

Así mesmo, ao tratarse dun simulacro xeral de accidente aéreo actívase a Sala de Familiares, a Sala de ilesos e feridos leves e a Sala de crise, e establécense distintos escenarios para o desenvolvemento do exercicio.

Primeiro, o bordo da pista, onde se simula o accidente e no que se utilizará a zona de prácticas do Servizo de Salvamento e Extinción de Incendios do aeroporto, que conta cunha fuselaxe de aeronave simulado; segundo, o edificio terminal, onde se activa a Sala de familiares e a Sala do posto de mando principal; terceiro, o edificio do SSEI, onde se establece a Sala de ilesos e feridos leves; e o bloque técnico, onde se establece a Sala de crise para a toma de decisións.

No simulacro de Peinador contouse coa participación do Servizo provincial de Emerxencias de Pontevedra da Xunta de Galicia, da Axencia Galega de Emerxencias 112, da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, da Garda Civil, da Policía Nacional, de Protección Civil, da Cruz Vermella e do grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias GIPCE.

Aena explicou que todos os seus aeroportos dispoñen dun plan de emerxencias destinado a minimizar as consecuencias que poderían derivarse dun accidente aéreo. O seu contido fundamental é garantir a protección das vidas humanas e a continuidade ou restablecemento da operatividade aeroportuaria.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...