InicioPolíticaO Concello das Neves culpa á Xunta de "serios problemas de persoal"...

O Concello das Neves culpa á Xunta de “serios problemas de persoal” no servizo público

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello das Neves quixo mostrar publicamente o seu descontento coa xestión da Xunta, “que está a causar problemas a toda a veciñanza nevense, as persoas actuais traballadoras e as que poderían selo mediante estas contratacións”.

A previsión do goberno nacionalista e socialista era contar con polo menos cinco persoas máis dende finais de maio ou inicios de xuño para atender a pequenas obras de mantemento e a limpeza de espazos e viais públicos.

“A Xunta de Galicia, nun primeiro momento, denegou a subvención para a contratación de persoas perceptoras de Risga. Logo foron precisos un recurso do letrado do Concello e varias reunións para que finalmente se consiga dar a razón a As Neves, coa aínda sorprendente aclaración de que a contratación non se poderá efectuar ata finais de setembro”, destaca o goberno local.

Subliñan ademais que “parte do persoal actual incluso está a decidir, por responsabilidade, pospoñer a totalidade ou parte das súas vacacións por esta circunstancia, para así minimizar o impacto na veciñanza”.

ÚLTIMAS

Navia terá os primeiros 84 novos pisos públicos a comezos de 2027

A Xunta de Galicia prevé ter rematadas as primeiras 84 vivendas da nova Navia...

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...