InicioSociedadeDez mortos máis en Galicia con covid-19, cinco da área de Vigo

Dez mortos máis en Galicia con covid-19, cinco da área de Vigo

A cifra de mortes en Galicia ascende a 2.827 personas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A pandemia de covid-19 volve cobrarse vidas en Galicia. En concreto, rexistráronse dez falecementos nos dous últimos días de persoas que foran diagnosticadas co coronavirus SARS-CoV-2.

O día 8 de xaneiro rexistráronse as mortes dunha muller de 80 anos, no CHUS (Santiago de Compostela) un home de 78 anos, no Hospital Fátima de Vigo, dúas mulleres de 83 e 90 anos, no HULA (Lugo) e un home de 77 anos, no CHUVI (Vigo).

O 9 de xaneiro, domingo, as mortes rexistradas foron as dunha muller de 90 anos, no HULA, un home de 91 anos e unha muller de 80 anos, no CHUAC (A Coruña), e tres falecementos no CHUVI: unha muller e un home de 91 anos, e unha segunda muller de 89 anos.

Todas as vítimas tiñan patoloxias previas.

A cifra de mortes desde que se declarou a pandemia vinculadas co coronavirus ascende, en Galicia, a 2.827 personas.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...