InicioVigo e contornaVigoFalece un home de 58 anos no CHUVI que fora diagnosticado con...

Falece un home de 58 anos no CHUVI que fora diagnosticado con Covid

Elévase a 2.805 o número de mortes pola pandemia en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Consellería de Sanidade notificou este xoves outros cinco falecementos vencellados á pandemia en Galicia. Os óbitos correspóndense ao pasado día 4 e 5 de xaneiro.  Elévanse a 2.805 o número de mortes pola pandemia en Galicia.


O día catro de xaneiro faleceu un home de 91 anos no Hospital do Salnés e tamén un home de 58 anos no CHUVI, en Vigo.


Foi no día de onte cando faleceron outras tres persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Unha delas tiña 78 anos e faleceu no CHUO, en Ourense, así como outra muller de 66 anos, que faleceu no mesmo hospital. O último dos falecementos notificados polo Sergas correspóndese a un home de 90 anos que faleceu no CHOP, en Pontevedra.
As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...