InicioEconomíaA UVigo aproba 198 millóns de orzamento para 2022, o maior da...

A UVigo aproba 198 millóns de orzamento para 2022, o maior da súa historia

o último proxecto de orzamentos do actual equipo de goberno foi aprobado por unanimidade e deberá ser ratificado polo Consello Social o próximo 28 de decembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) deu luz verde ao maior orzamento da súa historia para 2022, 198,7 millóns de euros, dos que máis de 155 millóns son ingresos ordinarios.

Nunha sesión celebrada este martes, o vicerreitor de Economía, José María Martín, explicou que esta partida confirma “a senda de estabilidade orzamentaria da institución académica” e “permitirá seguir avanzando en eixos estratéxicos do programa de goberno, especialmente centrados nas persoas”, segundo detalla a universidade.

Así, o último proxecto de orzamentos do actual equipo de goberno foi aprobado por unanimidade e deberá ser ratificado polo Consello Social o próximo 28 de decembro.

O aumento da contía respecto de 2021 débese ao incremento en axudas ao amparo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e a achega do Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia (SUG) 2022-2026. No orzamento de 2022 o capítulo de contas de persoas crece un 4,73% ata o 61,59% do total, 122,4 millóns de euros.

O consello de goberno tamén aprobou un teito de gasto non financeiro para 2022 por importe de 164 millóns de euros e unha declaración institucional sobre a loita contra a fraude na que a universidade compromete combater esta práctica e os conflitos de intereses na xestión de asuntos públicos.

Adicionalmente, deuse luz verde á concesión a 49 estudantes de Premios Extraordinarios de grao correspondentes a 2020-21 e o regulamento do Comité de ética de investigación con seres humanos e medio ambiente (Ceishma), ademais da a modificación do regulamento do Comité de ética de experimentación animal.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...