InicioEconomíaStellantis Vigo finaliza o programa Factoría 4.0 tras varios anos de desenvolvemento...

Stellantis Vigo finaliza o programa Factoría 4.0 tras varios anos de desenvolvemento por 145 millóns

O programa, no que colaboraron o sector, o CTAG e a Xunta de Galicia, desenvolveuse ao longo de 62 meses e, baixo o seu 'paraugas', puxéronse en marcha máis de 300 actuacións encamiñadas a lograr eses obxectivos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría do grupo Stellantis en Vigo clausurou este luns o seu programa Factoría 4.0 de Automoción, tras máis de 5 anos de desenvolvemento e a realización de accións de I+D por valor de 145 milloes de euros.

O acto de clausura celebrouse na planta viguesa, coa presenza do director da fábrica, Ignacio Bo, e do vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, ademais de responsables do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) e do Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia (CTAG).

Este programa cumpriu dous obxectivos fundamentais: por unha banda, deseñar os procesos para a fábrica do futuro (virtual, conectada, áxil, flexible e humana), e desenvolver e validar produtos para o vehículo do futuro (autónomo, conectado, limpo, atractivo e alcanzable”.

O programa, no que colaboraron o sector, o CTAG e a Xunta de Galicia, desenvolveuse ao longo de 62 meses e, baixo o seu ‘paraugas’, puxéronse en marcha máis de 300 actuacións encamiñadas a lograr eses obxectivos. Así, tras máis de 2 millóns de horas de traballo de enxeñaría avanzada, foron rexistradas 36 patentes.

INTERVENCIÓNS

Na súa intervención durante o acto de clausura, Francisco Conde puxo en valor a “aposta” da Xunta por impulsar a dixitalización e a sustentabilidade na industria da automoción, e subliñou que o goberno galego vai seguir “acompañando” ao sector para que poida afrontar os retos do futuro.

O vicepresidente económico destacou que, a pesar das dificultades xeradas pola crise mundial de subministracións, a industria da automoción en Galicia logrou aumentar algo máis dun 13 % as súas exportacións (máis de 5.800 millóns de euros), que representan o 28 % do total das exportacións da comunidade.

Con todo, Conde volveu a reclamar ao Goberno de España que estableza criterios obxectivos para que o proxecto AutoÁncora poida estar representado no PERTE do vehículo eléctrico e conectado que xa conta co visto e prace da UE. Así, pediu “axilidade” na execución e que as Comunidades Autonómas poidan participar na xestión dos fondos europeos en materia de industria.

Pola súa banda, o director da planta de Stellantis en Vigo, Ignacio Bo, sinalou que a factoría foi “visionaria” ao pór en marcha este proxecto en 2016. Así mesmo, valorou os resultados obtidos, que “melloran a produtividade” da propia fábrica e do sector, “abrindo os camiños a novos programas de innovación e desenvolvemento”.

O director xeral do CTAG, Luís Moreno, destacou que este programa supón “unha verdadeira oportunidade para arraigar un I+D+i galega de alto valor engadido”, e permite desenvolver e afianzar competencias para abordar os desafíos presentes e futuros.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Deteñen un home en Vigo por causar lesións a outra persoa durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un...