InicioEconomíaLicitado o contrato de subministración eléctrica para 2022-23 en Vigo, de orixe...

Licitado o contrato de subministración eléctrica para 2022-23 en Vigo, de orixe “cento por cento renovable”

"Vigo lidera o uso de enerxía renovable nos espazos públicos", proclamou Abel Caballero, quen engadiu que a enerxía que utilice o Concello non emitirá "nin un gramo de CO2 á atmosfera".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo deu luz verde este xoves ao expediente de contratación e prego de condicións para a licitación da subministración eléctrica na iluminación pública e dos edificios municipais para os anos 2022, e será enerxía eléctrica de orixe “cento por cento renovable”.

Así o confirmou nunha rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen explicou que o contrato é para o período de marzo 2022 a febreiro de 2023, con posibilidade de prorrogalo catro meses. Para este contrato, o Concello reserva un orzamento de 6,5 millóns de euros e, entre as condicións do mesmo, contémplase que a orixe da enerxía sexa “cento por cento renovable”.

“Vigo lidera o uso de enerxía renovable nos espazos públicos”, proclamou Caballero, quen engadiu que a enerxía que utilice o Concello non emitirá “nin un gramo de CO2 á atmosfera”.

ÚLTIMAS

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Detidos por asaltos en Vigo a taxistas, aos que intimidaban cunha arma branca

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home como suposto...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...