InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero defende a seguridade do Nadal de Vigo: "quen diga o...

Abel Caballero defende a seguridade do Nadal de Vigo: “quen diga o contrario mente”

"Calquera cidade de Europa desexaría ser Vigo agora mesmo", asegurou

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que os vigueses e os visitantes que acoden á cidade para presenciar a iluminación do Nadal e outras atraccións respectan a normativa antiCovid na rúa, co uso de máscaras e o mantemento das distancias interpersoais.

“Calquera que diga o contrario mente, e está a atacar á cidade”, reiterou, á vez que repetiu que os contaxios están a producirse, non na rúa nin na hostalaría, senón “en reunións familiares ou reunións colectivas sen máscara e descoidadas”. Cunha incidencia acumulada na cidade de 688,7 casos por 100.000 habitantes a 14 días, e coa área sanitaria con máis casos de Covid de Galicia, Abel Caballero volveu a reiterar a importancia da vacinación e de manter a prudencia cumprindo as normas.

Por outra banda, cuestionado acerca das protestas dalgúns veciños da rúa Rosalía de Castro, que se queixan das molestias polas atraccións de feira instaladas nesta zona e advertiron dos problemas para que poden pasar por aí ambulancias ou outros vehículos de emerxencias, Abel Caballero garantiu que estas atraccións, do mesmo xeito que o resto de instalacións do Nadal no centro da cidade, contan cun plan de autoprotección “elaborado por un profesional”. “Eu ata agora vía un grupo de veciños (os que protestan), un número limitado, pero agora si que vexo un certo tufillo político (…) Todo o meu respecto aos veciños, pero pór en dúbida a seguridade xa son palabras maiores”, advertiu o rexedor olívico.

“FENÓMENO MOI IMPORTANTE”

Respecto diso, o alcalde volveu a pedir á vigueses “cooperación” porque “o Nadal de Vigo é un fenómeno moi importante” cun gran retorno económico. “Calquera cidade de Europa desexaría ser Vigo agora mesmo”, proclamou. Ademais, asegurou, el mesmo estivo na zona de Rosalía de Castro nas últimas horas para comprobar o grao de ruído que xeran as atraccións e concluíu: “Menos ruído que unha moto ou un coche transitando pola rúa”.

 

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...