InicioSociedade300 novos contaxios de Covid e 120 hospitalizados na área de Vigo...

300 novos contaxios de Covid e 120 hospitalizados na área de Vigo nas últimas 24 horas

20 pacientes están na UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A evolución da pandemia de Covid en Galicia segue sumando casos nesta sexta onda e, tras máis de mil novos contaxios, hai 12.221 persoas coa enfermidade activa, das que 292 permanecen hospitalizadas (49 en Unidades de Coidados Intensivos), e outras 11.929 recupéranse nos seus domicilios.

Así se reflicte no informe feito público este luns pola Consellería de Sanidade, con datos recollidos ata as 18,00 horas do domingo, e no que figuran 12.221 casos activos de Covid-19, 569 máis que o día anterior. Segundo o devandito informe, nas últimas 24 horas rexistráronse 1.070 contaxios novos, e os casos activos incrementáronse en todas as áreas sanitarias.

Así, a área de Vigo segue á cabeza con 3.885 persoas enfermas (154 máis) e, nas últimas 24 horas, notificáronse 298 contaxios novos.

HOSPITALIZADOS

presión hospitalaria en Galicia tamén se incrementou nas últimas horas, con 18 persoas máis ingresadas en unidades convencionais, ata un total de 243. Nas Unidades de Coidados Intensivos de Galicia hai 49 enfermos, un máis que hai un día.

maior incremento na presión produciuse na área sanitaria de Vigo, que pasou de ter 75 pacientes ingresados en ‘planta’ a contar con 90, o que supón 15 enfermos máis. Ademais, mantéñense 20 enfermos de Covid en UCI.

ÚLTIMAS

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...