InicioSociedadeO aumento de incidencia COVID leva a "reprogramar" cirurxías non urxentes en...

O aumento de incidencia COVID leva a “reprogramar” cirurxías non urxentes en Vigo

Fontes sanitarias confirmaron que se suspendeu a actividade cirúrxica no Hospital Álvaro Cunqueiro polas tardes, mentres que, polas mañás, só realizaranse as intervencións "urxentes, prioritarias e oncolóxicas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A mala evolución epidemiolóxica da pandemia de Covid na comarca de Vigo levou á xerencia da área sanitaria a “reprogramar” toda a actividade cirúrxica non urxente, é dicir, todas aquelas operacións que se poden demorar sen que iso implique un agravamento na saúde do paciente.

Con esta medida preténdese “adaptar a actividade ás necesidades asistenciais” e garantir “a cobertura” para os pacientes contaxiados de coronavirus, en vista da actual situación (a área viguesa ten 3.352 casos activos e 87 persoas hospitalizadas, 18 delas en UCI, entre a rede pública e a privada) e, especialmente, “do que poida vir”.

Fontes sanitarias confirmaron que se suspendeu a actividade cirúrxica no Hospital Álvaro Cunqueiro polas tardes, mentres que, polas mañás, só realizaranse as intervencións “urxentes, prioritarias e oncolóxicas”.

O resto de intervencións, que se consideran “demorables”, están a ser “reprogramadas”. Mentres, no Hospital Meixoeiro, manterase sen cambios a actividade de cirurxía maior ambulatoria, xa que non require ingreso.

Deste xeito, esta semana, foi “reprogramada” a actividade de 6 quirófanos de tarde e doutros 3 de mañá no Álvaro Cunqueiro. En próximos días, as alteracións faranse conforme á evolución da pandemia e ás necesidades asistenciais.

O Hospital Álvaro Cunqueiro conta nestes momentos con 90 camas habilitadas para pacientes Covid en dúas ‘velas’ de hospitalización convencional, así como 15 camas en UCI para este tipo de enfermos, con dispoñibilidade tamén na área de Reanimación. Así mesmo, hai unha zona con 24 camas para pacientes ‘sospeitosos’ de ter a enfermidade.

ÚLTIMAS

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Vigo homenaxeará a Baena e Sánchez-Bravo, últimos fusilados polo franquismo: “Despois de décadas de loita, imos vendo a luz”

O Concello de Vigo homenaxeará a Xosé Humberto Baena e José Luis Sánchez-Bravo, dous...

A UVigo levará a ciencia á rúa cunha cita rápida entre investigadores e un foro sobre os incendios

A Universidade de Vigo quere sacar a ciencia dos laboratorios e levala á rúa...