InicioSucesosDetido un home en Vigo que ocultaba 3,5 quilos de cocaína en...

Detido un home en Vigo que ocultaba 3,5 quilos de cocaína en po e 34.000 euros

No rexistro domiciliario practicado polos axentes de Udyco, localizaron efectos para a manipulación e distribución das drogas, asícomo diferentes vestixios para a súa análise.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 46 anos de idade, domiciliado en Vigo, foi detido este venres tras intervirlle tres quilos e medio de clorhidrato de cocaína, 34.000 mil euros en efectivo, un vehículo de alta gama e outros efectos.

Axentes de Udyco (Unidade de Drogas e Crime Organizado), da Comisaria de Vigo-Redondela, iniciaron a investigación hai meses, “cando se teñen fundadas sospeitas” da suposta implicación do detido en operacións de tráfico de estupefacientes a distintos niveis, tanto na importación internacional, como na distribución a pequena escala.

Tras diferentes dispositivos de vixilancia, os axentes chegaron á conclusión de que o detido podería dispor dunha importante cantidade de sustancia estupefaciente, cocaína, que chegaría a España –concretamente ao porto de Vigo– a través do método do ‘Gancho cego’ –colectores cargados con cocaína sen o consentimento do seu lexítimo propietario–.

No comunicado no que se informa da detención, a Policía sinala que durante os meses de investigación puideron observar como o investigado “facía alarde dun alto tren de vida, gozando de vehículos de alta gama e con gastos diarios de grandes cantidades de diñeiro” e que podería dispor ademais dun trasteiro en Vigo, “no que ocultaba a droga e os beneficios obtidos pola súa distribución”.

A mañá do 3 de decembro interceptaron ao investigado cando circulaba a bordo do seu vehículo de alta gama. No interior do mesmo levaba oculto máis dun quilo de clorhidrato de cocaína. Procedeuse entón á súa detención.

Posteriormente, e en presenza do detido, ábrese o trasteiro de aluguer, onde se incautan de dous quilos e medio de cocaína, e máis de 33.000 euros en efectivo, ademais de pequenas cantidades de marihuana e outras sustancias prohibidas.

No rexistro domiciliario practicado polos axentes de Udyco, localizaron efectos para a manipulación e distribución das drogas, asícomo diferentes vestixios para a súa análise.

O detido pasou a disposición xudicial durante a mañá deste domingo. O Xulgado de Instrución Nº8 de Vigo, en funcións de garda, decreta o seu ingreso en prisión.

Segundo sinalan, por parte da Policía Nacional, a investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...