InicioSucesosConfirmada a condena de 10 anos de cárcere a un acusado de...

Confirmada a condena de 10 anos de cárcere a un acusado de abusar dos seus dous sobriños en Ponteareas

Segundo recolle a sentenza, contra a que cabe recurso de casación, o tribunal desestimou o recurso presentado ao considerar que "existe proba suficiente" dos feitos xulgados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de 10 anos de cárcere a un acusado de abusos sexuais continuados aos seus dous sobriños cando eran menores de idade en Ponteareas.

Segundo recolle a sentenza, contra a que cabe recurso de casación, o tribunal desestimou o recurso presentado ao considerar que “existe proba suficiente” dos feitos xulgados.

A sentenza que foi ratificada tamén impuxo ao procesado a prohibición de comunicarse e aproximarse a menos de 500 metros do domicilio, lugar de traballo ou estudo de cada un dos menores durante nove anos. Ademais, impuxéronselle unha pena de liberdade vixiada superior en nove anos á de prisión por cada un dos dous delitos de abusos sexuais continuados e a inhabilitación, durante cinco anos, para desempeñar calquera profesión ou oficio que leve contacto con menores.

Os xuíces aceptaron como feitos probados os da sentenza apelada. Así, detallouse que o acusado vivía coa súa irmá e os fillos menores desta. Nunha data non determinada de 2009, realizou tocamentos ao maior dos nenos, que tiña 11 anos, e ameazoulle para que lle deixase masturbarlo. Esta situación repetiuse en “múltiples ocasións” ata que en 2011, cando xa tiña 13 anos, el “logrou negarse”. A partir de entón, realizou tocamentos á irmá do neno, de oito anos.

Aínda que explicou que “se dispón unicamente da declaración” do menor respecto dos seus abusos, o TSXG afirmou que esta “reúne os orzamentos procesuais para a súa validez” pois “se trata dunha persoa carente de calquera circunstancia que poña en dúbida a súa credibilidade” e que “mantivo” a mesma versión, “sen que se aprecie ningún ánimo espurio”.

Ademais, afirmou que a verosimilitud do relato “vén avalado, como corroboración periférica, polo acaecido coa súa irmá” e considerou significativo que renunciase á indemnización.

En canto á nena, destacou que “a proba é abundante” pois “os abusos foron presenciados por varias persoas”. Ademais, resaltou que esta padece unha enfermidade hereditaria que leva un grao de discapacidade intelectual, “o que pode explicar que, durante o xuízo, tratase de desviar a acusación“, “tratando de descargar a incriminación contra o acusado”, respecto ao que “tiña un temorreverencial”.

ÚLTIMAS

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo

Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado...

García Mateo aposta por unha UVigo máis presente na cidade e conectada coa sociedade

A reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, reivindicou a importancia de...

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...