InicioVigo e contornaVigoVigo continúa á cabeza do incremento da Covid en Galicia

Vigo continúa á cabeza do incremento da Covid en Galicia

Suma 86 infeccións máis que a sitúan como o segundo territorio máis afectado da Comunidade, por detrás de Ourense.

PUBLICADO O

Galicia supera xa a barreira das 2.000 infeccións activas, con 2.259, o dobre das que se rexistraron hai xusto unha semana, 1.077. Tamén se duplican os contaxios, 360, cando o sábado pasado eran 134; así como a taxa de positividade, que alcanza o 9,79% –o sábado pasado estaba no 4,85%–. Os hospitalizados tamén soben desde a semana pasada, con 14 hospitalizados máis, 63 en total.

Respecto das últimas 24 horas, Galicia conta con 284 casos activos máis e 65 contaxios máis, cunha taxa de positividade que se incrementou nun 2,45%. Ascende tamén o número de hospitalizados a 63 –catro máis–. Segundo os datos publicados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste venres, mantéñense 12 persoas ingresadas en UCI pola Covid en toda Galicia e aumentan a 51 as hospitalizadas noutras unidades –catro máis–.

No caso de Vigo, a presión hospitalaria mantense sen cambios, con tres pacientes covid en UCI e 11 noutras unidades. No tocante ás infeccións, porén, a área olívica domina o contador galego subindo en 86, seguida da de Ourense (+85), A Coruña e Cee (+31), Pontevedra e O Salnés (+26), Lugo (+13), Santiago e Barbanza (+11) e Ferrol (+3). En conxunto, Vigo mantense como a segunda demarcación con máis casos (516), por detrás dos 575 de Ourense.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– a nivel galego, continúa en ascenso e sobe ata o 9,79%, tras o 7,34% da xornada anterior, tras descender o xoves ao 4,63% despois de subir a un 5,21% o mércores, baixar ao 2,43% o martes e comezar esta semana co 3,93%. Deste xeito, supera por segunda vez en tres días o limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Diagnostican no Vithas Vigo un raro caso de apendicitis esquerda

O Servizo de Urxencias do Hospital Vithas Vigo diagnosticou un "raro caso de apendicitis esquerda"...

Outra parada da produción de Stellantis Vigo por falta de pezas

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis deterá parte da súa produción na quenda de...

O BNG critica que o Concello “bote á rúa sen alternativa” a 10 sobreviventes do incendio de Alfonso X

O BNG de Vigo criticou este martes que o Concello "bote á rúa sen alternativa" a...

Suspenden a folga de ambulancias prevista en Vigo, Cangas e Moaña para xoves e venres

Os sindicatos CIG, CCOO, USO e FS-TES acordaron suspender a folga na empresa concesionaria...