InicioSociedadeUnha exposición visibiliza en Vigo o cancro de pulmón, primeira causa de...

Unha exposición visibiliza en Vigo o cancro de pulmón, primeira causa de morte por cancro en Galicia

Como cada 17 de novembro celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Pulmón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cancro de pulmón non é só un dos cancros con máis incidencia na poboación (só este ano detectáronse 2.014 novos casos no que vai de ano en Galicia), é tamén a primeira causa de morte por cancro no mundo e tamén en Galicia.


Por iso, e co gallo do Día Mundial contra o Cancro de Pulmón que se celebra cada 17 de novembro, a Asociación Española Contra o Cancro en Vigo volve coa súa Exposición Itinerante polos 50 anos da Asociación investigando en cancro. Poderase visitar ata o luns 22 de novembro, á beira da Pérgola de Praza América. 

A intención da exposición, apuntan dende a asociación, é visibilizar este tipo de cancro e os seus datos en Galicia e Pontevedra, polo que estará presente ata o venres nunha caseta cedida polo Centro Comercial Gran Vía de Vigo informando á poboación.  

 A Asociación Española Contra o Cancro en Vigo indica que entre o 80-90% dos cancros de pulmón danse en fumadores ou en persoas que deixasen de fumar recentemente. “Deixar de fumar diminúe o risco de desenvolver cancro de pulmón”, zanxan. Doutra banda, sinalan que existen outros factores de risco como o contacto co asbesto, petróleo e derivados, así como a contaminación, o sexo, a idade ou enfermidades benignas como o  EPOC.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...