InicioSociedadeChapela, en terra de ninguén?

Chapela, en terra de ninguén?

PUBLICADO O

- Advertisement -

Chapela é unha parroquia bastante poboada do Concello de Redondela. Fronteiriza coa nosa cidade, numerosos vigueses e viguesas traballan nesta zona, pero sobre todo moitos redondeláns entran e saen de Vigo para a súa vida diaria: empregos, atención sanitaria, actividades culturais e deportivas…

Ata ben pouco, estas persoas, a pesar de non estar censadas na cidade olívica, podían utilizar a “Tarxeta Verde”, para autobús e outros servizos. Pero a situación mudou cando o alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a “Pass Vigo”, co eslogan “a tarxeta das viguesas e dos vigueses”. Sen ela, este transporte público custa case o dobre.

O alcalde socialista argumenta que non ten por que pagar o transporte dos demais concellos, unha decisión que conta con defensores e retractores. Alegou que subvencionar o autobús dos cangueses ou redondelán supón un alto custe difícil de asumir para as arcas viguesas, así como ilexítimo. Mentres, en Chapela o malestar crece.

Usuarios autobus chapela
Vigueses, coa Pass Vigo, nunha parada de bus de Chapela en estado de ruína/ Miguel Núñez

Como aínda está escrito na propia páxina web da Pass, “si estás empadronado en Vigo, esta es tu tarjeta”. Esta condición leva meses sendo polémica, e un xuíz determinou que os non empadroados na cidade tamén tiñan dereito a este servizo, polo que teoricamente era obrigado entregalas aos non censados.

Pero, en resposta a esta decisión xudicial, o Concello vigués decidiu crear unha nova tarxeta para os non vigueses, totalmente branca. Así, seguen sen ter a Pass Vigo. É unha “tarxeta verde” como as anteriores, pero nin sequera é verde. Chama a atención que non presente ningún tipo de gravado. Nome e DNI.

Un veciño de Chapela, coa súa tarxeta para o transporte público/ Xornal de Vigo

Hai dous tipos de habitantes de Chapela: os que culpan do acontecido ao seu rexedor, Javier Bas (PP), e os que acusan ao alcalde vigués, pertencente ao PSOE. Algúns veciños esgrimiron para este xornal que o alcalde redondelán debería presionar a Caballero, ou en caso contrario pagarlle o que sexa necesario, pero que en ningún caso quede o seu censo  a prestación social deste servizo público.

En conclusión, lamentan e denuncian que estean os de abaixo, os cidadáns, a pagar unha “disputa política” entre políticos de distinto signo. Cren que se foran do mesmo partido, o problema estaría solucionado.

nin TREN NIN ESTACIÓN

Noutro orde de cousas, antes paraba o tren en Chapela, agora a estación semella unha paisaxe apocalíptica, e camiñan polas vías mentres a maleza non chegue a cubrilas por completo.

Chapela Estacion
Estación de Chapela / Miguel Nuñez

Chapela, a pesar da súa alta poboación, parece en terra de ninguén, entre Redondela e Vigo, sen contar xa coa famosa división entre “Chapela de arriba e Chapela de abaixo”. “Non hai unión”, lamentan os veciños.

Unha veciña do lugar asistiu a un dos concertos de Castrelos. Á volta, tivo que coller un taxi en Guixar porque os buses non pasaban de aí. Esta mesma muller leva case dous meses agardando pola súa “Tarxeta verde” branca, como censada en Redondela: “A uns chégáronlle nun tempo, a outros aínda non”, lamenta. Precisa utilizar 6 autobuses diarios. Parece que a cousa vai lenta.

Estacion de Chapela
Estacion de Chapela /Miguel Nuñez

 

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...