InicioSociedadeSoben os casos en Vigo, 26 no último día

Soben os casos en Vigo, 26 no último día

O número de contaxiados é xa de case 150.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 repuntan a 123 en Galicia, polo que encadean tres xornadas consecutivas por encima do centenar, e os casos activos rozan o milleiro ao ascender a 993, que supoñen 353 máis que hai unha semana. Mentres, os pacientes ingresados por este coronavirus aumentan a 48 –dous máis– e a taxa de positividad sobe a un 3,6 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, mantéñense 11 persoas ingresadas en UCI pola Covid no conxunto de Galicia, mentres que aumentan a 37 as hospitalizadas noutras unidades –dúas máis– e 945 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias,  a de Vigo mantén un paciente en UCI e outro en planta.

CASE UN MILLEIRO DE CASOS

Os casos activos de Covid-19 aumentan por duodécima xornada consecutiva en Galicia e ascenden a 993, que supoñen 86 máis que a xornada anterior ao haber de novo máis contaxios (123) que altas (37). Con respecto a hai unha semana constitúen 353 infeccións máis que as 640 rexistradas o venres 5 de novembro.

En concreto, as infeccións activas ascenden nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Ourense á cabeza (+30), seguida da de Vigo (+20), que queda con 146 casos.

REPUNTAN OS CONTAXIOS

Por terceira xornada consecutiva –desde o mércores– Galicia rexistra máis dun centenar de novos contaxios diarios, que este venres ascenden a 123, que implican 19 máis que os 104 deste xoves, tras os 100 do mércores, e 74 do martes, despois de comezar esta semana con 54.

O venres anterior rexistráronse 84 no conxunto de Galicia. E ata o momento, o luns 11 de outubro houbo 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’. Eses 123 contaxios foron positivos por probas diagnóstica de infección activa nas últimas 24 horas, dos cales 26 son da área de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...