InicioVigo e contornaVigoOs aparcadoiros axudicados polo PP en 2007 cóstanlle 8 millóns ao Concello...

Os aparcadoiros axudicados polo PP en 2007 cóstanlle 8 millóns ao Concello de Vigo

O consistorio abonará a cantidade para liquidar os contratos para indemnizar ás empresas construtoras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo destinará máis de 8,3 millóns de euros a liquidar os contratos dos aparcadoiros subterráneos situados nas avenidas Jenaro de la Fuente e Castelao. Nunha rolda de prensa celebrada na urbe olívica, o alcalde, Abel Caballero, avanzou que este xoves se dará luz verde á liquidación destes contratos en xunta de goberno.

En concreto, explicou que se indemnizará ás empresas que construíron estes aparcadoiros, que “non foron eficaces e eficientes” na súa xestión. Como consecuencia, sinalou que “non reuniron as condicións económicas” precisas e pediron a cancelación do contrato e unha indemnización, que “houbo que darlle conforme ás condicións da concesión”.

Precisamente, o rexedor de Vigo lembrou que estes contratos foron adxudicados “sete días antes das eleccións municipais de 2007” polo anterior goberno local, do PP. Por iso, afirmou que busca “saber como cualifica isto en termos políticos o PP de Vigo”, do que “espera explicacións”.

Neste sentido, criticou a “herdanza” deixada polo anterior goberno local ao actual, consistente en “indemnizacións”. Así, lamentou que “anos e anos despois estéanse pagando adxudicacións” realizadas na etapa popular e afirmou que “calquera concello que non fose o de Vigo”, que conta con “boas” finanzas, “crebase”.

AXUDAS

Por outra banda, Abel Caballero indicou que a xunta de goberno tamén aprobará a concesión de 1.360 axudas para libros e material escolar por valor de 136.000 euros, así como 3.051 bolsas de comedor. A este respecto, asegurou que “a Xunta non está nin se espera en Vigo”, polo que apuntou que o Concello “ten que pagar” este importe.

Preguntado polo impacto económico que podería levar a implantación de peaxes nas autovías para cidadáns da área, eludiu pronunciarse debido a que “non ve ningún proxecto” respecto diso “nin ten coñecemento” sobre as contías que poderían supor. “Sobre opinións non opino, opino sobre datos”, resolveu o alcalde, que valorou a rebaixa das peaxes aplicada na AP-9 tras alcanzar un acordo o Goberno coa concesionaria, Audasa.

ÚLTIMAS

Restablecen a circulación na ponte de Rande logo dun accidente múltiple que provocou retencións

A circulación na ponte de Rande quedou restablecida despois de algo máis dunha hora...

O AVE Vigo – Porto tardará 50 minutos, pero non se sabe cando estará operativo

Portugal prevé que a conexión en tren de Vigo ao Porto sexa de 50 minutos...

A Xunta intervirá Ambulancias del Atlántico con tres técnicos de Tragsa e xestionará a entrega de nóminas

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO informaron, nun comunicado conxunto, do achegamento de posturas...

O BNG propón máis frecuencias ferroviarias entre Vigo e Santiago: “Comprar un billete está a converterse nunha odisea”

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso e no Senado co obxectivo de que se aumenten as frecuencias...