InicioSociedadeAbel Caballero sinala que cando acenda a iluminación de Vigo marcará o...

Abel Caballero sinala que cando acenda a iluminación de Vigo marcará o inicio do Nadal “en todo o planeta”

O alcalde olívico sinala que o Nadal vigués ten "un tirón inconmensurable", dado que "a seguen axencias de viaxes de toda España e enche hoteis de Vigo, de Pontevedra e de Ourense".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este domingo as obras de montaxe da nora e doutros elementos da instalación do Nadal da cidade, onde asegurou que o aceso da iluminación –que terá lugar o día 20 de novembro ás 20,30 horas e que se seguirá “en toda España e Europa”– marcará o inicio do Nadal “en todo o planeta”.

O rexedor sinalou que Vigo contará coa nora máis alta e a pista de xeo máis grande de España, de 12 metros. A esta última sumaranse ademais outras situadas en Samil, outra máis pequena no Arenal e outra sen pendentes.

“Imos ter a máis importante Nadal que houbo nunca en Vigo. E imos asistir a un dos fenómenos turísticos que se viu nunca en España, o nadal de Vigo”, vaticinou o alcalde, que lembrou que canto arrincou, fai catro anos, contaban con cero visitantes, mentres que agora “son millóns”.

Neste sentido, Caballero recalcou que o Nadal vigués ten “un tirón inconmensurable”, dado que “a seguen axencias de viaxes de toda España e enche hoteis de Vigo, de Pontevedra e de Ourense”.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...