InicioVigo e contornaVigoNovo convenio do metal "ás costas dos traballadores, denuncia a CIG

Novo convenio do metal “ás costas dos traballadores, denuncia a CIG

Aseguran que o convenio obriga ao persoal do sector a facer cursos que só poden impartir as organizacións asinantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sinatura dun novo convenio para o sector do metal a nivel español afonda na fractura da esfera sindical galega. A CIG vén de cargar contra CCOO, UGT e CONFEMETAL por asinar un acordo que ven “afastado dos traballadores” e mesmo “unha pantomima”.

A sinatura, que tivo lugar este mércores, abre a porta legal a un Convenio que, segundo destacan dende a Confederación, é descoñecido para “todas as traballadoras e traballadores do sector, non xa en Galiza, senón tamén no resto do Estado”. De xeito semellante, denuncian que o convenio “obriga a todo o persoal do sector a realizar cursos de prevención e de reciclaxe que só poden impartir as organizacións asinantes [do mesmo]”.

Así o denunciou o secretario nacional de Negociación Colectiva de CIG-Industria, Manuel Simón, quen sinala que onte, ás 12:00 horas comezaba a primeira reunión de negociación colectiva do convenio estatal do Metal coa asistencia presencial, en Madrid, de CCOO, UGT e a patronal e telemática da CIG e 3 empresarios. Unha xuntanza á que non asistiron os outros dous sindicatos representativos, ELA e LAB.

Simón apunta que tras da constitución da mesa, no mes de marzo de 2020, e o intercambio de plataforma non se volveu a convocar ningunha outra xuntanza até a data de onte, primeira reunión de negociación do convenio. Unha xuntanza na que, apuntan, o primeiro que dixeron foi “que teñen un preacordo CCOO, UGT e a patronal e que onte mesmo ían proceder a asinalo e ratificalo”.

“PANTOMIMA”

Diante deste anunciou, o representante da CIG manifestou a súa disconformidade denunciando que “isto non é unha reunión de negociación, porque nesta mesa non se negociou nada”. A esta respecto, Simón asegura que “foi unha pantomima para blanquear un acordo alcanzado por parte de algúns dos integrantes da mesa de costas ao resto”.

Manuel Simón lembra que a CIG é o sindicato maioritario en Galicia e denuncia que “as traballadoras e traballadores galegos non teñen coñecemento nin do que se acordou, nin do que se asinou. É máis de momento nós tampouco sabiamos o que asinaran porque non tiveron nin a decencia de mandarnos antes da reunión o preacordo que tiñan”.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...