InicioSociedadeAlíviase lixeiramente a presión hospitalaria na área de Vigo, que suma dous...

Alíviase lixeiramente a presión hospitalaria na área de Vigo, que suma dous novos contaxios

Os casos activos de Covid-19 sitúanse en 80, sen cambios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia de lixeiro ascenso e sitúanse en 533, mentres que os novos contaxios aumentan a 37 –dez máis que o día anterior– e os pacientes hospitalizados increméntanse a 32 –dous máis–. Por contra, a taxa de positividade descende ao 0,67 por cento.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, mantéñense seis persoas ingresadas en UCI pola Covid, mentres aumentan a 26 as hospitalizadas noutras unidades –dúas máis–, e 501 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria aumenta lixeiramente nas da Coruña e Cee, Ourense e Lugo; mentres que se alivia na de Vigo e mantense nas de Pontevedra e O Salnés, Ferrol e Santiago e Barbanza.

En concreto, na área da Coruña e Cee mantense un paciente Covid en UCI e aumentan a sete os ingresados noutras unidades –dúas máis–, mentres que na de Ourense seguen un en críticos e soben a nove os doutras unidades –dúas máis–.

E na de Lugo continúa un paciente Covid en UCi e aumentan a dous os ingresados noutras unidades –uo máis–, mentres que na de Vigo mantense un hospitalizado en críticos por este coronavirus e descenden a dous os ingresados en planta –tres menos–.

Nas outras tres áreas sanitarias non hai cambios. Deste xeito, a de Pontevedra e O Salnés mantense cun único paciente Covid en planta; a de Ferrol cun en UCI e dúas noutras unidades; e a de Santiago e Barbanza, cun en críticos e tres en planta.

CASOS EN ASCENSO

Por terceira xornada consecutiva os casos activos de Covid-19 increméntanse en Galicia ata os 533, que supoñen tres máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (37) que altas (33), ao que se suma un falecemento.

As infeccións activas aumentan en dúas das sete áreas sanitarias: Ourense (+11) e Ferrol (+1), descenden en tres: A Coruña e Cee (-3), Lugo (-3) e Pontevedra e O Salnés (-3) e mantéñense sen cambios nas de Vigo e Santiago e Barbanza.

Por iso, a área da Coruña e Cee continúa á cabeza, con 134 casos activos; seguida da de Ourense, con 126; Vigo, con 80; Pontevedra e O Salnés, con 57; Santiago e Barbanza, con 50; e a cola sitúanse Lugo e Ferrol, con 43 en cada caso.

SOBEN OS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 aumentan a 37, o que supón dez máis que os 27 da xornada anterior, tras arrincar a semana con 33. O luns 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Así, as persoas contaxiadas en Galicia desde o inicio desta pandemia aumentan a 183.322, das que 43.302 corresponden á área da Coruña e Cee; 37.792, á de Vigo; 27.097, á de Santiago e Barbanza; 21.905, á de Ourense; 21.522, á de Pontevedra e O Salnés; 20.024, á de Lugo; e 11.680 á de Ferrol.

Nas últimas 24 horas confirmáronse 38 positivos por Proba Diagnóstica de Infección Activa –algún pode coincidir cun contaxiado que volveu a dar positivo–, deles 12 na área de Ourense, 10 na da Coruña e Cee, sete na de Pontevedra e O Salnés, catro na de Santiago e Barbanza, dúas na de Lugo; outros dous na de Vigo e un na de Ferrol.

Segundo os rexistros de Sanidade, desde o comezo desta crise sanitaria realizáronse 2.902.055 PCR en Galicia, 1.769 probas máis que as contabilizadas ata a xornada pasada e medio centenar máis que as feitas o día anterior.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– baixou ao 0,67 por cento tras descender ao 0,96 por cento o martes, despois de arrincar esta semana cun 1,9%.

VÍTIMAS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o comezo desta pandemia en toda Galicia ascenden a 2.653, ao notificar este martes a Consellería de Sanidade un novo óbito.

O último falecemento notificado pola Xunta correspondeu a un home de 89 anos de idade, usuario da residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo, que permanecía ingresado no hospital vigués Povisa e presentaba patoloxías previas.

Fronte a iso, 180.170 persoas diagnosticadas deste coronavirus curáronse na Comunidade galega desde o inicio desta crise sanitaria, 33 máis que as contabilizadas ata o día anterior.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...